jueves, 7 de mayo de 2015

Actividades MAIO'15 (en #Vigo)


Estas son algunhas das actividades que proponho para este mes de Maio'15, a realizar na cidade de Vigo, para o intercambio de conhecementos, e para crear espazos para a inter·relación humana.
Seguimos caminhando cara Utopía, seguimos sumando bondade e beleza.

Domingo 10, Roteiro e recolección de plantas silvestres.
Xoves 14, Obradoiro de comunicación
Sábado 16, Obradoiro de papiroflexia + "Eco·Karma" (coa presentación do S.2.R.)

Facilitación: Rena Renato 
+ www.facebook.com/rena.renato.3
+ www.twitter.com/pirataTururu
Prezo das actividades: bote voluntario.

Domingo 10, ás 10:30
ROTEIRO + Recolección de plantas silvestres comestibles (+xantar)

#AprenderÉDivertido
Se fai bo tempo o domingo, proponho:

Paseo polo río en boa companhía, aproveitando para falar e reconhecer diferentes plantas silvestres, sintonizándonos coa natureza e os seres que venhan connosco.

Recolectaremos, para logo preparar de comer.

Quedamos ás 10:30 na parte de arriba da pza. Elíptica (en Vigo).
Estaremos de volta ás 14h para facer a comida na Cova dos Ratos (r/Romil 3)

"Un día máis, sairei a pasear e a disfrutar do domingo. Se ves, compartirei os meus conhecementos contigo. Se me queres acompanhar, estás convidadx, pasarémolo xenial!"

Se tes curiosidade pola vida natural, ou non tes que facer ou simplemente apetéceche... pois aparece, que por alí andaremos.

Non chegues tarde, e se podes, avisa antes.

‪#‎Veganismo‬ ‪#‎Permacultura‬ ‪#‎Educación‬ ‪#‎Cambio‬ ‪#‎Consciencia‬

pd. actividade apropiada para persoas de todas as idades.
pd2. Tamén se aceptan animais de 4 patas.

(Esta é unha Iniciativa particular, de participación aberta.
Creo, ao igual que moitas outras, que debemos compartir espacios e tempos facendo e aprendendo ao mesmo tempo.)
Buscamos compartir experiencias.


Xoves 14, as 21h, na Cova dos Ratos
Obradoiro de COMUNICACIÓN (teoría + práctica)
Queres aprender a falar ben en público e en privado? Comunicarte dunha maneira fácil, diferente e divertida?
Pois isto é para ti: #Asemblearismo #Horizontalidade #Confianza #Escoita #Respeto

En primeiro lugar, faremos unha breve introducción sobre o tema da "comunicación" persoal e colectiva. De seguido, preséntarase a idea de "asemblea circular" (na que grazas a un pau, o "pau de falar", todas estamos en igualdade de condicións). (TEORÍA)

A práctica será a posta en marcha da asemblea circular, para falar de todo o que nos venha en gana: o grande e o pequeno, o de arriba e o de abaixo, aceptamos calqueira tema do que falar.

O "pau de falar" é quen dirixe a asemblea. Isto só se pode comprender unha vez que se vive...
Unha experiencia única. Non te arrepentirás.


Sábado 16, ás 20h, na Cova dos Ratos
Obradoiro de PAPIROFLEXIA
ECO·KARMA (monólogo matemático + presentación da mini·revista "S.2.R.")

A práctica fai ao mestre:
a práctica de tarefas novas fainos aprender e divertirnos; a práctica de tarefas repetidas fai que perfeccionemos a técnica e que o integremos como un novo saber.

A partir das 20h, faremos todo tipo de figuras con papel, dende as máis sinxelas ata algunhas máis complexas como poden ser figuras feitas por varias pezas (papiroflexia modular).

Unha vez aprendido, tan só fai falla practicar para non esquecerse xamais.

:o) Aprender é divertido :o)
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Máis tarde, viviremos xunt@s unha nova sesión de "Eco·Karma".

Descubrirás os números que te rodean desde outro punto de vista. presentarei algunhas novas e boas ideas que saen da minha mente matemática.
Co único fin de activar a túa "#PsicoAlegría", convídoche a que venhas a conhecerme e a conhecer parte do meu universo... para a nosa #FelizCidade non podes faltar tú!

Aproveitarei a ocasión para presentar un novo número do "S.2.R." (Semáforo 2.N. Rogho), a revista matemática de +pallaso Tururú.

#Semaforismo, ideas para mentes espertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario