sábado, 21 de julio de 2018

(máis) Presentacións do "S2R nº6" (final de xullo'18)

S2R significa "Semáforo 2N Rogho", e é,  ao tempo, a revista matemática de +pallaso Tururú e o fanzine de RenaRenato. Os obxectivos de esta publicación son a difusión da Consciencia "semafórica" e a construcción da FelizCidade... ditos obxectivos, que nos benefician a unha maioría, pode que non sexan posibles a curto prazo, pero parece indicar que son inevitables en un prazo de tempo maior.

Seguindo tan só a miña intuición, e tras máis de 5 anos dende a primeira publicación, chega o momento de seguir con máis forzas na difusión de algo tan presente na miña vida como é o Semáforo, como reflexo do cambio... e ao mesmo tempo da permanencia.

Nestes "monólogos dialogados", ademáis de falar, escoitaremos e compartiremos sobre as impresións que temos da vida, da existencia, da realidade, da sociedade, e do que sexa... porque ante o Semáforo, lembrémonos, tod@s somos iguais.

Vinde con alegría e sen medos, pois con Amor, Sabiduría e Sentido do Humor, calquera Revolución é posible.
Xa nos vemos! :)

Dirección dos lugares onde se celebrarán as charlas-debate:
Aldea cooperativa, rúa Torrecedeira 10, bajo
Cervexería Brewing Records, rúa Martín Códax, 8 (zona Churruca)
Espazo Ecolectivo, camiño Monte da Serra 38, Castrelos

EXTRA! o sábado as 17h, antes da charla, faremos unha sesión introductoria de Ioga e meditación no Ecolectivo. Quen estexa interesad@ que se poña en contacto comigo no tfno 686 318 740 (whatsapp ou galegram) ou polo facebook, Rena Renato ou "pirata Tururú"... que estexades ben, #arrr!




miércoles, 11 de julio de 2018

Presentación oficial do S2R, número 6

Este venres, en Vigo, na Cova dos Ratos, faráse a presentación oficial do número 6 do S2R, Semáforo 2N Rogho.
Se estades pola cidade, non dubidedes en pasar e enterarvos de primeira man de que vai esta "revolución semafórica".

O evento dará comezo ás 21:30, e durará ata as 23:30, aproximadamente ;)

Para máis información, non dubidedes en contactar comigo no facebook (pallaso Tururú) ou por por correo-e: pallasoTururu@gmail.com.

martes, 3 de julio de 2018

#69 Novo Semáforo! S2R, número 6 (xullo'18)

Os anos pasan, a historia crece, a ignorancia váise, cando a Sabiduría aparece.

Tras unha tempada de difusión da anterior revista "semafórica", chega agora a seguinte edición, o número 6.
Falando, pensando e sentindo tanto a Vida, non nos podiamos esquecer da Morte; sen medo, deixo por escrito na mesma portada o que moit@s intuimos ou sabemos...
"cando un Semáforo Rogho perece, unha luz verde aparece"
... e falo de renacer, pois o da luz verde... non sempre! 
Ás veces aparece unha luz amarela, fixa ou intermitente, ou se apagan todas e nos quedamos a oscuras.

Tranquilidade, quietude, calma, paz.
Semáforo é sinónimo de Cambio... e se te fixas un pouquichiño, pois tamén o é da Consciencia.

Seguiremos informando. Namentres, para todas e todos vós,
#FelizSemáforo #FelizVida #FelizCidade

#S2R #número6