martes, 10 de marzo de 2015

#40 Aceptando o cambio. Amando a Totalidade.

Antes do 15M, xa participabamos en asembleas.
Antes de Podemos, xa traballabamos en PIRATAS.
Falo por e para min. Escoita tan só se queres...
...se amas.

Pode que antes, onte, viviramos como se o mundo fose a rematar manhá. Existía unha urxencia, unha presa que de tanto correr esgota... cansancio, rutina, e falta de novedades.

O que se escoitaba, o que se dicía, o que se pensaba e o que non; isto é o que éramos como sociedade, viviamos con estes termos: crise, depresión, tristeza, malestar interior... as consecuencias dunha especie de "borracheira existencial" páganse con resaca.
Precisamos de algo de descanso...
Anos e anos de sometimento ao pracer, vivindo unha realidade allea á globalidade do planeta. Ignorando, esquecendo, caendo... non esperes a tocar fondo. Un novo mundo, un novo Sol, outra vez, cada día, esperta dentro de nós.

Aceptar que debemos cambiar dende o interior, dende a humildade é un deber con unha mesma e co resto da humanidade.
Agora, hoxe, pode que sexa o último día, a nosa última oportunidade. E aínda así seguiremos ata o final. O cambio non é o fin da "boa vida", senón que é tan só un inicio dunha Vida mellor.

Xa non hai preguntas, nin respostas. Nin problemas nin solucións. Todo segue, todo flúe, todo é.
A xeneralización da totalidade é algo tan fácil de nomear... que se pode nomear de diferentes maneiras, dependendo de se o fai un artista, un filósofo, un místico, 1matemático ou un poeta.

+ Todo é política
+ Todo é beleza
+ Todo é mente
+ Todo é número
+ Todo é Deus

Non caias na desgracia de opinar como se isto fose un pesadelo "todo é unha m*rd*!", posto que non é certo. Hai algo máis do que podemos ver... está a maxia do invisible, o que non se ve, o ben que está por chegar, e que de nós, tamén de ti depende.

Debemos seguir a confiar e a traballar polo que queremos:
Le, fala, estudia, goza e comparte o Amor, os valores, a creación, con corazón... é posible.
Chegará o mundo novo, e traerá novidades. A Totalidade é, está e existe en todas e cada unha de nós.
Medita, respira, transmite, busca e atopa o que é bo e útil para todas e todos.

Haxa Paz!
RenaRenato + Tururú :o)

pd. Segue adiante con os teus sonhos. Comparte, difunde, disfruta. Axuda e déixate axudar. Non estamos sós, que se note. As mans para traballar, a cabeza para pensar, o corazón para Amar...
...e a democracia, para votar. Se es de #Vigo, lémbrate que en Maio'15 temos eleccións e as Piratas formamos coalición. Entérate de máis en www.EquoPiratasVigo.info

pd2. A minha historia persoal, é a historia dun matemático que, durante un tempo, quixo entender o TODO, o infinito, e ir máis aló.
Quixen comprender Todo o que me pasaba por dentro e ao meu arredor. Busquei incansablemente, atopei respostas no meu interior, estiven perto tantas veces de algunha solución... ata que a búsqueda rematou.

#39 Bendito Semáforo!

Pode que non che gustase parar diante dos semáforos... ata agora.

Un novo Deus-máquina, o Semáforo.
Unha nova Idea, un novo Pensamento:
"parámonos diante dos Semáforos porque somos bos e boas, fieis e obedientes."


(Por que non te alegras de pararte un momento no medio do tráfico?
Se non te gusta, pois entón "fódeste"... pero ben que te paras... que che gusta! Sabémolo. ;o) )

Así que, coma sempre, ti decides, eu o tenho máis que claro:
tanto os coches, como as motos, como @s peóns/peonas, páranse diante da luz vermella, porque lles gusta, lles mola, lles encanta!


Algunhas e algúns ata están namorad@s del, do Semáforo.
Outr@s adórano e alabano, como se fose un Deus...
@s máis mundan@s, aproveitan para mirar o móbil, estirarse un pouco, darse un bico ou sacarse un moco.

E que pasaría se aproveitásemos eses segundos de semáforo para respirar, cantar, meditar e/ou mandarnos mensaxes de Amor?

Cambiará, tarde ou cedo, inevitablemente, noso mundo seguirá a cambiar. 
OM

pd. Grazas Semáforos de todo o mundo!