martes, 13 de octubre de 2015

#46 Da mentira á verdade... FELIZ 13!

Feliz martes e feliz 13...
FELIZ MARTES 13!
ops... quen dixo "mala suerte"?
(como se non estivese xa a cousa chunguilla como para querer empeorala...)
Mala sorte, mala sorte...? Mentira cochina!!!

+++
Antes de comezar a falar da verdade, está ben denunciar as mentiras, xa sexan estas pequenas ou grandes, xa que hai mentiras de moitos tipos, e por moito que se repitan, non se convirten en verdades.
Así que, ollo piollo!(atención) ás mentiras nas que vivimos e que repetimos:
"unha mentira dita mil veces convírtese nunha mentira mil veces mayor"  o.O

Ata o de agora era fácil falar de mentiras e que te cresen... e ata que te votasen. Ou que tiveran medo cando decías iso de "que ven o lobo!".
Máis as cousas están cambiando e o tempo da mentira se está acabando. Xa está chegando o tempo da verdade.

Entre algunhas das "grandes mentiras" da humanidade, están éstas:
"mejor malo conocido que bueno por conocer" ou "pensa mal e acertarás", unha das minhas mentiras preferidas, e das que máis gracia me fai é esta:
"o mundo o move o dinheiro"
...e logo: para que empresa traballa? E cánto cobra? Ónde se lle fan os ingresos? Terá dereito a vacacións pagadas???

O mundo real, a Terra, nin manexa dinheiro, nin ten conta corrente, nin tarxeta de crédito. Aínda que sexa redundante, non é grave dicir que a Terra corre atrás do Sol pola lei da "gravidade". E que xira sobre si mesma por unha cuestión de inercia: comezou fai tempo, e xa non é capaz de parar.
Máis non nos confundamos, "por dinheiro móveste ti", ou tamén eu. De feito é unha peculiaridade única dos seres humanos... o resto dos seres, non manexan dinheiro. Pode que me equivoque... verdade ou mentira, que son iso dos cartos...? alguén opina?

De seguro que algunha vez contamos algunha que outra mentira ou "mentirijilla", co fin de facer unha broma ou algo divertido... aínda en tempo de verdade, as mentiras seguen existindo.

E para rematar podes estar segurx que desexarte un feliz 13, neste feliz "martes 13", non é unha delas. É unha verdade, erixida no meu maxín dende fai tempo, tan grande como un gran templo, así que...
"Feliz 13!", repito novamente.

Logo da mentira, aparece a dúbida do irreal.
Logo da mentira e da dúbida, a verdade comeza a facerse real.
Aos poucos aséntanse, verdades do cotián... poder vivir feliz nelas, é facer que se manifesten... tan só unha cuestión de esforzo, enerxía, tempo e confianza.

Apostemos pola verdade e aprendamos xuntxs dela. ;)