miércoles, 30 de abril de 2014

#22 Publicidade diferente

Ola amig*s e amig*s!

Aquí tendes un adianto do próximo número do "Semáforo En Rogho".

Non é un número calquera, senón que nesta ocasión trátase do número FI (=1,618).
O número FI, e un número especial, é un número que non é un número senón unha proporción entre dous valores... moi conhecido e tamén chamado como #DivinaProporción ou #RazónÁurea.

A publicidade é diferente, para non deixarche indiferente.
Un sorriso a calquera alegra o día :-D  :)  ;)
Sede felices (e felizas!)

Tururú  :o)


jueves, 24 de abril de 2014

#21 Primavera Pirata

Por primeira vez na historia da humanidade, Piratas de todo o mundo aspiramos a tomar o timón de mando desta grande nave chamada Europa.


European Pirates

 Serán as primeiras eleccións para a candidatura da Confederación Pirata.
Dita formación integrámola persoas voluntarias e conscientes, desexosas de seguir aportando o seu traballo, a súa ilusión e as súas ideas para facer crecer o movemento Pirata, un estilo de Pirataría nova e global.
O movemento Pirata espállase polo mundo enteiro, é un movemento en auxe, sempre disposto a loitar pola liberdade, pola democracia directa, pola transparencia e polo ben común social. Agora é a nosa oportunidade, o momento de saír ás rúas e ao encontro de outras xentes, o momento de elevar xuntas as nosas voces para berrar ben alto:
++++++++++++++++++QUEREMOS UN MUNDO MELLOR!!! ++++++++++++++++

Existen moitas, moitísimas razóns, tantas razóns para ser Piratas que non caberían neste post. O 25 de Maio, seremos multitude, e demostraremos, si, que xunt@s somos máis e mellores. Estamos aquí para aprender, crecer e mellorar o que xa somos, que non é pouco. Creamos un estilo novo, cada unha a súa maneira, e entre tod@s como seres humanos... outro modo de ser, o estilo d@s PIRATAS, que parece que se pon de moda: P-)

Contamos coa túa axuda. Precisamos de cant@s máis Piratas, mellor; é necesario e urxente que nos axudemos, porque ti, eu, nós...todas as persoas do mundo... somos as máis importantes.

Pode que esta sexa a primeira vez que votemos ás PIRATAS... e sabede, que esta primeira vez, como todas, non caerá no esquecemento.

PIRATAS! Sede felices, pasádeo ben e o día indicado, o 25M, non te esquezas de cumprir co teu deber.

Saúde camaradas Piratas, para min é todo un pracer.