martes, 22 de diciembre de 2015

#51 As 4 Nobres Verdades (Buda)


A primeira ensinanza do Buda orixinal, Siddartha Gautama, tras a súa iluminación, foron as "4 Nobres Verdades".
No recén publicado número O (=4) do S2R*, a minha mini·revista, non podía faltar unha mención á estas 4 verdades.
*S2R, "Semáforo 2N Rogho"

É curioso saber que a 1ª destas verdades refírese á dor e ao sufrimento; e é que se temos algo en común todas as persoas e seres sentintes é algo de dor, sufrimento, engano e mentira que ás veces, sen querer, aparece nas nosas vidas...
                      (e pola que é necesario pasar)
...botádelle un ollo ao voso corazón! e seguide lendo ata o final,
pois a 4ª verdade reférese ao camiño cara ao ESPERTAR, o que conleva, por suposto, á cesación (por partes) de todo mal.

Así que tan só me queda desexarvos... #BosDias, e un #FelizEspertar!

Tururú :o)

Pd. Lembrarvos, unha vez máis, de iso de que: "non hai mal que por Ben non veña". Ademáis de esperanza, desenrolemos á confianza en nós mesmas e en quen nos rodea.
Temos o futuro nas nosas mans! Grazas por participar. ;)

jueves, 17 de diciembre de 2015

#50 A técnica do bolígrafo VERDE (Reforzo Educativo) #Educación

Por unha educación en transición:

Quero agradecer, antes de comezar, a todas as persoas interesadas no desenrolo de novas técnicas destinadas á toma de consciencia deste novo sentir social xeralizado, que a todas nos afecta, así como pola lectura deste artigo, así como pola súa posible implantación.
E tamén pido disculpas por posibles erros de forma e contido; se tendes calqueira dúbida, suxerencia, engadimento ou crítica, prégovos que ma fagades saber. Grazas de antemán.

A técnica do bolígrafo verde (Reforzo positivo)

Persoas destinatarias: educadoras, profesoras, mestras. Centros educativos.
Obxectivo:
+ dar a coñecer unha sinxela técnica transformadora da realidade socio·educativo, a técnica do bolígrafo verde.
Introducción:
No sistema educativo actual, o obxectivo do alumnado é o da superación de probas, materias e cursos, para a posterior obtención dun título de certo nivel.
As avaliacións e os exames seguen sendo o método máis común por parte do profesorado, en todos os niveis de ensino, para dilucidar se a alumna é considerada “APTA” ou “NON APTA”.
A corrección de ditas probas cun bolígrafo vermello, onde se fan visibles os erros e defectos de fondo e de forma, é a práctica normalizada.

Consideracións:
Presupomos unha indefectibilidade ou unha impecabilidade á alumna examinada que nos fai, en diferente grado, vulnerables e sensibles perante a posibilidade de erros e da posterior avaliación externa. Desta maneira fomentamos, entre outras cousas, “anti·valores” tales como inseguridade, nervios e estrés (persoais e grupais).
Estamos tan acostumadas a ver e a facer ver os erros, que moitas fechan os ollos ante a posiblidade doutras técnicas. A realidade é que debemos aprender que outras técnicas existen e que están a nosa disposición, como a técnica do bolígrafo verde.

A vella forma: a “técnica do bolígrafo vermello”
A maioría de nós, por non dicir todas, vivimos esta situación:
Como alumnas expomos nun exame o traballo e estudo de meses de duración, ou de uns cantos días, ao xuízo, corrección e posterior valoración por parte do profesorado.
Co boli vermello, ademáis de puntuar e valorar numéricamente á alumna, a persoa correctora pónnos en evidencia os nosos fallos e erros dun escrito que fixemos.
Cun “bo” obxectivo, o de facernos ver ditos defectos, están postos na esperanza de que sexamos conscientes deles e de que os resolvamos. E que para a próxima vez, “non se repitan”.

A novidade: a “técnica do bolígrafo verde”
A técnica do bolígrafo verde, é unha ferramenta de reforzo positivo, que pretende a visualización clara e directa do que se está facendo ben. Con esta técnica, a persoa correctora resalta os aspectos que considera máis descatados dunha proba ou exame, pra facerllos ver á alumna “á primeira vista”.
O obxectivo de facer ver ditas honras e méritos é o desenrolo de valores tales como a auto·estima e a confianza no traballo ben feito: que se saiba e se destaque o que se está facendo ben, co obxectivo de “que se repita”.

O CAMBIO
O obxectivo dun exame, ao meu parecer, ademáis de evidenciar o nivel de coñecemento de determinada materia, debe ser o de permitir expresar libremente inquedanzas, reflexións e pensamentos por parte do alumnado sobre dito tema, e sobre o proceso persoal vivido no seu estudo... e para iso fai falla un cambio de pensamento do sistema, e unha pregunta libre, extra e voluntaria ao final do exame (ou unha sesión de titoría).

As dúas técnicas aquí expostas, a do bolígrafo vermello e a do bolígrafo verde, non son antagónicas e durante un tempo, poden e deben coexistir durante algún tempo, sen ningún inconvinte: co vermello facemos ver os erros, e co verde, facemos ver os acertos.
Atopar un posible equilibrio entre a visibilización de acertos e erros, é unha tarefa a realizar por parte da persoa que corrixe. Non se debe perder de vista a posibilidade de melloría da persoa alumna (pensada de forma individual, coas súas características e individualidade), á que se corrixe.

E sen esquecernos de que o bolígrafo vermello seguirá existindo, e para moitas “profes da vella escola” seguirá sendo a única forma de corrixir...
... lembrémonos que a técnica do bolígrafo verde, que requerirá dunha adaptación progresiva por parte do alumnado, do profesorado e dos centros de ensino, é unha ferramenta cargada de boas intencións e futuro. Fágovos saber tamén que para a implantación desta novedosa técnica requírese do valor de persoas que estexan dispostas a pola en funcionamento, probándoa persoalmente, adaptándoa, valorándoa, comentando os resultados, e por suposto, mellorándoa.
Deixo en vosas mans o aprender a usala (por suposto, cos seus acertos e erros).

Reflexión final:
Antes, ata o de agora, tan só viamos erros, fallos e defectos (boli vermello).
A partires de agora, dende xa, decidimos entrar no futuro, abrindo os ollos ao cambio, cara un novo tempo. Somos capaces de ver os éxitos, os acertos, os méritos e os logros propios e alleos, así como alegrarnos por eles e celebralos (boli verde).
Non se trata tan só de exames a correxir, ou de unha laboura a realizar dentro dun centro educativo. Como persoas íntegras, penso que debemos ver máis aló, e tentar resaltar os acertos e as alegrías das nosas vidas... deixando atrás, quitándollo importancia aos poucos, e tamén perdoando, eses pequenos erros que cometen e que cometimos.
Como parte activa dun movemento innovador e transformador sen donos e sen nome, permítome e permito a outras persoas cambiar cara o ben común e para o ben xeral. O primeiro paso é dar a coñecer, anunciar e promocionar boas ideas como esta, e tentalas facelas reais.
Anímovos a todas as persoas involucradas na transformación educativo·social a probalas, en maior ou menor medida, sentíndovos en plena confianza e liberdade.
E a proposta é para comezar a usalas dende... XA!

Ánimos a todas, grazas por ler ata o final.

máis información:
Este método foi exposto por unha pedagoga rusa, Tatiana Ivanko, tras aplicarlla na súa casa ao seu fillo, e fíxose viral nas redes a finais do ano 15.
Se queredes máis información, ou ler outros artigos sobre el, eiquí tendes un par de enlaces:

http://verne.elpais.com/verne/2015/10/07/articulo/1444231771_661315.html
http://genial.guru/inspiracion-crianza/el-metodo-del-boligrafo-verde-42755/

martes, 8 de diciembre de 2015

#49 o Monólogo do Semáforo (Cultura de Paz)

EVENTO en VIGO: 

MONÓLOGO DO SEMÁFORO (x RenaRenato),

                               Cultura de Paz

“Un pensamento que evoluciona é un pensamento que cambia.”

Nesta época de grandes transformacións e mudanzas, a liberdade e a felicidade seguen sendo as grandes metas cara ás que aspiramos e ás que nos encamiñamos, como seres humanos e como sociedade.

É un feito evidente que hai algo que non funciona na normalidade do mundo; e aínda así, formando
parte dela, non podemos deixar de facer o que estamos facendo... convídote a que te tomes un
tempo, a que te relaxes, aprendas e disfrutes. Escoitar otra opinión, un outro punto de vista sobre a
nosa condición de “humanos” nunca está de máis.

E é que esta charla é tan só parte da laboura que moitas estamos levando a cabo: a transición cara un
mundo mellor.

Se estás cansado do “mesmo de sempre”, e non tes nada mellor que facer.
Se che gusta (re)aprender cousas (vellas e) novas.
Se eres unha persoa curiosamente inqueda... e non excesivamente crítica coas solucións propostas.
Se non tes medo de escoitar verdades que dicen outras persoas.
Se non sabes como tomar parte por un mundo mellor, máis sabes que queres formar parte del.
...
Tanto se tan só queres pasar un bo rato, como se queres seguir crecendo como persoa, isto é para ti!

Humor + Filosofía + Política
=
Pallaso + Pensador + Pirata
O evento:
Será este sábado, día 12 de Dezembro, ás 21h na Cova dos Ratos (rúa Romil 3, Vigo).
Ven e lévate unha chea de impresións e coñecementos, de esperanza e de boas vibracións...
...estades tod*s convidad*s!

(A continuación do monólogo, crearemos un espazo de charla e debate en plena liberdade, onde
cada unha de nós poderá verter as súas dúbidas, preguntas, opinións, críticas e comentarios.)
A entrada a este evento é gratuíta. A saída é “á gorra”: aportas en función do que valores e das túas
posibilidades. (Fagoo desta maneira para que non sexa un impedimento para ninguén.)

Non o dubides: sae de casa e acude de bo ánimo... non te arrepentirás!
Espérovos o sábado,

RenaRenato

pd. Aproveitarei a ocasión para presentar un novo número da (mini)revista matemática “S2R”, de
+pallaso Tururú.

Facilitador:
Eu, RenaRenato (1978, RJ (Brasil)), artista, pallaso+pensador; traballo facendo malabares no
Semáforo por propia vontade dende fai máis de 4 anos. Ademáis do Semáforo, practico o activismo
político, a meditación, a filosofía, as matemáticas e o bo humor.
Estos conceptos son o eixo sobre o que desenrolo o meu pensamento, as miñas ideas e a miña forma
de vida. O meu obxectivo é construir, con positividade e alegría, un mundo mellor non só por
pracer, senón por urxente necesidade de todos os seres e da nosa nai Terra, onde poidamos vivir
felices e en paz. Aporto e fago crecer o meu graniño de area.

martes, 1 de diciembre de 2015

#48 S.2.R. número 0(=4) :: a ORDE dentro do KAOS (auto·publicidade)

Un novo número do "Semáforo 2.N. Rogho", un novo "Semaforito", xa está listo.
É o número O(=4), e leva por subtítulo "A ORDE dentro do KAOS".
Ven con esta portada:
O cadro de Wolfenden
Portada do S.2.R., número O
Unha portada máxica, baseada nun cadro de "Robert John Wolfenden". Ademáis por dentro, leva moito contido.
Esta é tan só unha parte do índice:
    + as 4 nobres verdades
    + 4 razas, 4 cores
    + as 4 velas acesas (educación en valores)
    + un especial con 4x4 ilustracións
    + e moito máis!

En breves, eu e máis RenaRenato, faremos a súa presentación oficial. Estádevos informados, temos moito que contar.
E se queredes mercala, pois está a venda en exclusiva, de momento, na Cova dos Ratos, e por "internete".
Dende tan só 1euro...
grazas por mercala e colaborar cun artista local.
Tururú ;o)