lunes, 1 de junio de 2015

#43 A décima parte.

Lanzando pensamentos ao aire, como se fosen esporas.
Reflexións dende o profundo, que por fin saen á superficie.

Un 10% da poboación “almándose” de valor e coraxe... cada día que pasa, crecendo un chisquinho máis: harmonía, claridade, fortaleza, consciencia, descubrindo o humor que hai no amor pola verdade.
Un 10% que contaxiada dun ben chamado sana loucura. Amor pola vida.

A totalidade da humanidade decide continuar, á morte, ata o final, disfrutando do caminho.
O resto, pode que aínda o 90% non saben moi ben o que está a pasar... aínda.

Nos transformamos a cada día que pasa: 
tocamos fondo para coller impulso; 
subimos ás nubes para coller aire fresco; 
tocamos terra e nos facemos belxs, pois somos como unha flor, somos parte dela.


+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Reflexión persoal:
Unha de cada dez persoas, cando sae a pasear polo campo, deixa caer ou tira conscientemente un anaco de lixo ao chan...
(pode que a ti te pase, unha de cada dez veces que saes de paseo)

...para compensar tanta desfeita, nove de cada dez veces que saio a pasear, cando vexo algo que sobra, iso o collo eu.
O que se recolle e se tira, desaparece da nosa vista.


???????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????
EVOLUCIÓN:
Disque tan só usamos un 10% da nosa capacidade cerebral, e durante moito tempo nolo cremos.
Mais agora eu digo que minten, que a nós mesmas nos mentimos.

Que pasaría se usáramos o 90%? Que pasaría se esa capacidade extra (+80%) fose ben usado para o ben·estar dos demáis? Que pasaría se comezáramos a colaborar, a ver o bo, e completar o que falta?
Que pasaría, que pasará?

Prepárense... está a piques de suceder... o 10% está subindo... 20, 30, ... 90, 100%! e continuamos... dende o 110... ata o 200%.
O que aínda nos queda moito por ver!


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Realidade comunal:
O que antes se chamaba o "décimo", era o que se esixía por parte de reis e/ou relixiosos: a décima parte da colleita recollida.
Hoxe en día saquéannos/sacannos máis do "vintezgo", co 21% de IVE (Imposto sobre o Valor Engadido).

Algo que debemos ter ben claro: de cada moeda de 1euro, máis de 20 céntimos non son nosos.

Os outros case 80 céntimos si. :)

Ao César o que é do César... e ao pobo, o que nos merecemos.
#FelizCidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario