S2R, o Semaforito

O fanzine de RenaRenato é a revista de +Pallaso Tururú:

S2R = "SEMÁFORO 2.N. ROGHO"

S2R pronúnciase "SER", como o "ser ou non ser" tan famoso de Shakespeare.


Foi o ano 13, o ano no que todo comezou, o ano da publicación do "nº ZERO". Ese ano foi cando todo comezou a rodar. E a partir de entón, foi pasando todo o que tiña que pasar...
...número media, 78%, 
#A (de 1legría), 
#Fi (=1.618), 
#E (de 2nerxía) e 
#I (de 3lusión)
#O (4rde e o kaos)...
...e continuará.

"Semáforo 2.N. Rogho" é unha revista de pequeno formato, cun grande contido. Ideas debuxadas, a esencia do meu SER, concentradas, con mensaxes positivas, de Alegría, Amor, Paz e Ilusión por crear un mundo mellor.

Debuxada a man, nela pódese ver os meus progresos, así como parte das minhas ideas e obsesións: a Meditación, o Buddha, os Números, o Arcos·Iris, a Natureza, o Tempo, os Corazóns Piratas, Pallasos en busca de iluminación e felicidade, algunha que outra Pantasma... Poesía Visual e moitisísimo máis.

Descúbrea xa! Non esperes máis.

Pódela atopar na Cova dos Ratos (rúa Romil 3, baixo, Vigo) ou póndote en contacto conmigo ou cando me vexas traballando, divertindo a xente, nun triste Semáforo... pallasotururu@gmail.com

"Cando mercas un Semaforito,
fas feliz a parte da túa Cidade."

No hay comentarios:

Publicar un comentario