jueves, 21 de enero de 2016

#54 Resumo do Encontro de Mareas da Estrada (16/1/16)

Co pasar dos días, meses, anos, cambian as nosas prioridades, os nosos intereses e as nosas urxencias... como tamén cambiamos nós.
O pasado sábado, día 16 de xaneiro do ano 16, persoas de moitos lugares de toda Galiza xuntámonos na Estrada. Durante unha longa xornada, falamos e debatimos sobre cales son os pasos a dar para acadar o noso obxectivo electoral que se nos presenta este ano: acadar o goberno da Xunta de Galiza.

Moitos pasos pequenos lévanos moi lonxe, diso estamos seguras. Somos moitas as que andivemos xuntas, e moitas as que seguiremos (dentro e fóra das Mareas) a camiñar.
Dende a minha propia perspectiva persoal, expoño os puntos importantes que resaltamos entre todas ao final do día:

- RURAL: hai xente traballando en vilas e aldeas e que precisan apoio.
- PARTICIPACIÓN: queremos que haxa maior participación por parte de todas... cantas máis, mellor!
- FERRAMENTAS de comunicación: ligada ao punto anterior, temos que crear cauces para a participación, e aprender a comunicarnos mellor.
- FEMINIZACIÓN da política: punto resaltado por varias persoas, posto que non só queremos o poder, senón que tamén queremos facer as cousas doutra maneira.
- HORIZONTALIDADE: traballar a unión dende as bases, dende "abaixo". Con dinámicas pro·activas e pro·positivas da que nos sintamos parte.

E por último, os puntos máis candentes, sobre os que cada quen ten a súa opinión, e sobre os que teremos que traballar para avanzar:

- ESTRUCTURA-ORGANIZACIÓN
Algo que cree unha estratexia a nivel nacional. Propúxose unha organización supra·municipal, en comarcas, por cuestións históricas nacionais.
- FOLLA DE RUTA:
Pasos a dar a partir de agora. Tempos precisos. Coordinación de bases, dende as persoas.

OPINIÓN PERSOAL:
Ao meu modo de ver, existen dous aspectos que se teñen que atopar no medio:
a confluencia cidadá das bases (as asembleas das persoas), e a confluencia política das "cúpulas" (os pactos partidistas).

Para que haxa transparencia, é preciso que as persoas nos coñezamos cada vez mellor, que membros dos partidos se identifiquen como tal nas asembleas populares, que pensen os seus requerimentos, que expoñan os seus obxectivos e as súas liñas vermellas.

Un bo trato entre a cidadanía organizada (esperemos tratarnos ben), dará os seus froitos ao longo do tempo. Otorguemos confianza ás persoas ata o punto en que a merecen, e sigamos traballando polo ben de todas, polo ben común... dende a alegría, dende a humildade, e dende a sabeduría de saber que xuntas... podemos... digo...  venceremos! ;)

Ben, pois isto é todo pola minha parte. De seguro que deixei moitas cousas no aire, que non anotei e que son importantes... espero que aproveitedes para o que vos sirva, e o que non, simplemente deixádeo de lado.

Que siga subindo a Marea, con cuidado, que ninguén dos nosos afogue! (nin sexa arrastrado moi lonxe... que o mar é traicioeiro!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario