miércoles, 6 de enero de 2016

#52 A dor e o sufrimento. Dificultades para o cambio.

Buscando a perfección e a impecabilidade, descubro que son un humano, e que coma ti e coma moitas outras, cometo erros, e tamén acertos.
Dos erros, moitos, aprendo; os acertos, agradezoos.

A constatación inequívoca de que tanto o noso corpo, como a nosa mente e as nosas ideas cambian, é difícil de asumir para algunhas persoas coas que convivimos. É un feito: existen persoas ás que lles custa aceptar, comprender e mesmo tolerar as verdades que lle son alleas, aínda que estas sexan comprensibles e certas. E un mecanismo de defensa de quen se sinte atacado.

Ao meu humilde parecer, co cal non pretendo atacar a ninguén, nin tampouco convertir en dogma, é que é preciso aceptar, ou alomenos escoitar certa clase de ideas e conceptos, para poder seguir cunha maior calma, tranquilidade e sabiduría, a vida adiante.

E por deixar o meu ego a un lado, cito a continuación a primeira das catro nobres verdades de un home (Siddharta Gautama) convertido en mestre, ensinadas por primeira vez, unha vez acadada o seu espertar en Buddha:
a dor e o sufrimento existen e forman parte da nosa existencia”

Como seres sensibles e sensitivos que somos, temos a capacidade de sentir, e de feito facémolo, todos os días e a todas horas, minutos e segundos. Sentimos frío e calor, pracer e dor, medo, gusto, paixón, picor. Algunhas sensacións son agradables... outras non. E esa é a ensinanza, esa sensación chamada dor ou sufrimento, como algo compartido por todos os seres.

Observar ese fluxo de sensacións coa unión corpo+mente, e facernos conscientes (en maior ou menor medida) delas, é un delicado e sutil proceso que con práctica pódese perfeccionar. Dito proceso é unha observación que todas podemos levar a cabo, e que serve para o crecemento persoal de cada unha de nós.

Ao longo da Vida experimentaremos dor e pracer, nacemento e morte, saúde i enfermidade, vellez e infancia, como partes dun todo que é a nosa existencia. Algunhas destas partes nos serán gratas, amenas e alégraremonos de coñecelas, outras non tanto. Para unha Vida plena, penso que é inevitable coñecer e recorrer de primeira man todas e cada unha delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario