miércoles, 8 de agosto de 2018

#70 Disfruta e comparte

A calor que levas no teu interior, a túa vida, te ven dada polos teus antergos.
O que fagas con ela é importante. Agradécea e permanecerá contigo por sempre.

Compartir a túa calor con quen ten frío, se a calor é abundante, é un xesto tan natural como respirar.
(se a calor non abunda, nin se nota, búscaa en silencio e manténa se a atopas ;) )

Eu xa a atopei, e sei que non é miña. E por iso agora sigo a crear e os meus soños realizar... é tan só unha cousa de tempo...

...tempo para vivirmos tod@s en Paz.
...tempo para ler, estudar, practicar, Amar.
...tempo para soltar, aceptar, e a mente calmar...
...tempo para, xa en calma e co Corazón aberto, disfrutar do cambio e da impermanencia.

#Semáforo2NRogho #número6
#Calor #IogaTibetano #Tummo

pd. tamén ensino a crear calor para quen queira aprender. A partir de setembro, clases de Ioga... non volas podedes perder! :)

Imaxe pertencente ao S2R número 6.


No hay comentarios:

Publicar un comentario