lunes, 30 de octubre de 2017

#64 Cambio, impermanencia, sufrimento, Amor, compaixón. (a práctica de TongLen)

Cando unha persoa descubre o que quere facer na súa vida, é imparable... ata que aparecen os atrancos ou impedimentos.
A impermanencia, iso de que "todo cambia", é, ademáis dun dos principios da filosofía budista, parte da nosa vida... ou acaso aínda non te percataches!?

Tanto se respondiches que sí como se non, cousas da Sabiduría, debes saber que sempre se pode obter algo máis de comprensión, empatía e entendemento.

Se alguén quere seguir sendo ignorante, créndose intelixente, seguiráo sendo... ata que algunha boa nova lle chegue.

A COMPAIXÓN, amigas e amigos, é parte diso que descoñecemos. A compaixón neste tempo, é ben necesaria. Moita, moitísima compaixón fai falla para aliviar parte de todo ese sufrimento!

Compaixón por unha mesma.
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Pode que vós mesm@s vos estexades percatando da vosa propia dor e sufrimento... e é que ninguén se escapa del, así que hai que ir de frente, e amalo, incondicionalmente.
Ademáis do bo humor, existen outras técnicas transformadoras para facelo, como a que a continuación vos expoño, ben resumidas:

+ Tong-len, a técnica da compaixón

Para mellorar o mundo é preciso mellorar día a día, superándose os propios medos e limitacións.
Esta técnica vai diso, e de seguro que mellorarás e te sentirás mellor, cada vez que a practiques.

A técnica da compaixón consiste, básicamente, en "dar e tomar": 
tomamos o sufrimento, en cada inspiración, damos Amor en cada espiración.

Recomendación importante: é preciso traballar moito cunha mesma, antes de facelo coas demáis ou co mundo; hai que ir vencendo os oscurecementos por etapas, e antes de tentar "limpar" ás demáis, temos que estar ben limpiñ@s e purificad@s... fáino por ti mesma!

Espero que a practiques e que che sirva ben. Se acaso algunha dúbida, indaga, investiga, pregunta.
Aquí tes o enlace á wikipedia (tan só está en inglés) --> https://en.wikipedia.org/wiki/Tonglen

E non pensedes nin por un momento que isto é tan só cousa da imaxinación.
Debedes ter ben claro que funciona, e que a imaxinación e a mente teñen o seu Poder.

Practica isto durante un tempiño (mínimo 3 días consecutivos), e de seguro que notarás as diferencias nas túas percepcións ;+)
Ata outra amig@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario