O valor da humildade
aprendendo a
recorrer novos camiños, cos mesmos valores, con outros puntos de
vista
Ante o situación entre Marea e Podemos, e as súas bases (que somos todas), sobre o
entendemento do significado da palabra “alianza”, e deixando ao
marxe os posibles pactos (ou non) de última hora para consensuar
unha lista única, gustaríame falar do “valor da humildade”, tanto de persoas como de partidos..
Da filosofía
oriental aprendín que tanto un soberano (alguén con poder), como os
seus servintes (as persoas ao seu cargo) deben de exercer a humildade
con distintas perspectivas:
--> quen ten o poder,
é humilde e así obtén o servicio dos seus servintes.
--> quen “está ao
cargo”, os servintes, son humildes posto que así obteñen a
seguridade que o soberano lles presta.
Son moitas as preguntas que cada quen ten que solucionar pola súa conta, sen perder de vista que a humildade, máis que unha idea teórica, é un valor a por en práctica.
Quen ten poder e
quen é servinte?
Sobre quen temos
poder e a quen servimos?
Ata onde estamos
dispostas a chegar... en troques de obter poder, ou de prestar
servicio...
...xogamos a ver quen é máis humilde?
Pediría iso si,
respeto, algo de silencio e tamén un pacto de cortesía ante as decisións individuais
e grupais as que chegaremos en tan só uns días. Amabilidade, humildade e modestia tanto nos bos momentos, como cando todo sexa "un pouco" máis difícil.
(Con cortesía
refírome á moderación nas palabras e nos xestos cara as “do
outro bando”, posto que ambas queremos o mesmo, e esta debe ser o noso principal obxectivo: sacar do medio ao
Pp e deixar atrás a súa maioría absoluta.)
Teñamos claro que é
o que (non) queremos, sexamos xustas, e sumemos forzas con quen pensa
igual ca nós, traballando cóbado con cóbado dende as bases.
Sexamos boas
compañeir*s no camiño, posto que se non é agora o momento de
presentar listas conxuntas, se non conseguimos chegar a acordo...
...será máis adiante, de seguro, a partir do 26 de
setembro, cando nos toque gobernar xuntas, para unha inmensa maioría de persoas, da nosa veciñanza.
Non hai lugar para dúbidas. O
que si hai, é moito traballo por facer. Comeza por ti ;)
#HaiMarea e
#PODEMOS, xuntas ou por separado, sexamos libres e que cada unha decida por si mesma!
Moita sorte e ánimos
cara este treito (outra vez) decisivo da nosa historia.
E non nos esquezamos de
sorrir, iso si... sempre!
Saúdos fraternos,
RenaRenato (ao voso
servizo)
Inscrito en Podemos,
asinante de manifestos “mareíles”, e ante todo, pensador
in(ter)dependente
Pd. Vexo sen
reservas, o positivo da posibilidade de dúas listas: chegaremos con
mensaxes diferentes a un público máis amplo. Conseguiremos unha
maior movilización do voto. Tomaremos a Xunta de Galicia.
Pd2. E por último
lembrémonos, poderosos e servintes, de sermos humildes, así como de
ter o valor de exercelo! :D
No hay comentarios:
Publicar un comentario