jueves, 17 de diciembre de 2015

#50 A técnica do bolígrafo VERDE (Reforzo Educativo) #Educación

Por unha educación en transición:

Quero agradecer, antes de comezar, a todas as persoas interesadas no desenrolo de novas técnicas destinadas á toma de consciencia deste novo sentir social xeralizado, que a todas nos afecta, así como pola lectura deste artigo, así como pola súa posible implantación.
E tamén pido disculpas por posibles erros de forma e contido; se tendes calqueira dúbida, suxerencia, engadimento ou crítica, prégovos que ma fagades saber. Grazas de antemán.

A técnica do bolígrafo verde (Reforzo positivo)

Persoas destinatarias: educadoras, profesoras, mestras. Centros educativos.
Obxectivo:
+ dar a coñecer unha sinxela técnica transformadora da realidade socio·educativo, a técnica do bolígrafo verde.
Introducción:
No sistema educativo actual, o obxectivo do alumnado é o da superación de probas, materias e cursos, para a posterior obtención dun título de certo nivel.
As avaliacións e os exames seguen sendo o método máis común por parte do profesorado, en todos os niveis de ensino, para dilucidar se a alumna é considerada “APTA” ou “NON APTA”.
A corrección de ditas probas cun bolígrafo vermello, onde se fan visibles os erros e defectos de fondo e de forma, é a práctica normalizada.

Consideracións:
Presupomos unha indefectibilidade ou unha impecabilidade á alumna examinada que nos fai, en diferente grado, vulnerables e sensibles perante a posibilidade de erros e da posterior avaliación externa. Desta maneira fomentamos, entre outras cousas, “anti·valores” tales como inseguridade, nervios e estrés (persoais e grupais).
Estamos tan acostumadas a ver e a facer ver os erros, que moitas fechan os ollos ante a posiblidade doutras técnicas. A realidade é que debemos aprender que outras técnicas existen e que están a nosa disposición, como a técnica do bolígrafo verde.

A vella forma: a “técnica do bolígrafo vermello”
A maioría de nós, por non dicir todas, vivimos esta situación:
Como alumnas expomos nun exame o traballo e estudo de meses de duración, ou de uns cantos días, ao xuízo, corrección e posterior valoración por parte do profesorado.
Co boli vermello, ademáis de puntuar e valorar numéricamente á alumna, a persoa correctora pónnos en evidencia os nosos fallos e erros dun escrito que fixemos.
Cun “bo” obxectivo, o de facernos ver ditos defectos, están postos na esperanza de que sexamos conscientes deles e de que os resolvamos. E que para a próxima vez, “non se repitan”.

A novidade: a “técnica do bolígrafo verde”
A técnica do bolígrafo verde, é unha ferramenta de reforzo positivo, que pretende a visualización clara e directa do que se está facendo ben. Con esta técnica, a persoa correctora resalta os aspectos que considera máis descatados dunha proba ou exame, pra facerllos ver á alumna “á primeira vista”.
O obxectivo de facer ver ditas honras e méritos é o desenrolo de valores tales como a auto·estima e a confianza no traballo ben feito: que se saiba e se destaque o que se está facendo ben, co obxectivo de “que se repita”.

O CAMBIO
O obxectivo dun exame, ao meu parecer, ademáis de evidenciar o nivel de coñecemento de determinada materia, debe ser o de permitir expresar libremente inquedanzas, reflexións e pensamentos por parte do alumnado sobre dito tema, e sobre o proceso persoal vivido no seu estudo... e para iso fai falla un cambio de pensamento do sistema, e unha pregunta libre, extra e voluntaria ao final do exame (ou unha sesión de titoría).

As dúas técnicas aquí expostas, a do bolígrafo vermello e a do bolígrafo verde, non son antagónicas e durante un tempo, poden e deben coexistir durante algún tempo, sen ningún inconvinte: co vermello facemos ver os erros, e co verde, facemos ver os acertos.
Atopar un posible equilibrio entre a visibilización de acertos e erros, é unha tarefa a realizar por parte da persoa que corrixe. Non se debe perder de vista a posibilidade de melloría da persoa alumna (pensada de forma individual, coas súas características e individualidade), á que se corrixe.

E sen esquecernos de que o bolígrafo vermello seguirá existindo, e para moitas “profes da vella escola” seguirá sendo a única forma de corrixir...
... lembrémonos que a técnica do bolígrafo verde, que requerirá dunha adaptación progresiva por parte do alumnado, do profesorado e dos centros de ensino, é unha ferramenta cargada de boas intencións e futuro. Fágovos saber tamén que para a implantación desta novedosa técnica requírese do valor de persoas que estexan dispostas a pola en funcionamento, probándoa persoalmente, adaptándoa, valorándoa, comentando os resultados, e por suposto, mellorándoa.
Deixo en vosas mans o aprender a usala (por suposto, cos seus acertos e erros).

Reflexión final:
Antes, ata o de agora, tan só viamos erros, fallos e defectos (boli vermello).
A partires de agora, dende xa, decidimos entrar no futuro, abrindo os ollos ao cambio, cara un novo tempo. Somos capaces de ver os éxitos, os acertos, os méritos e os logros propios e alleos, así como alegrarnos por eles e celebralos (boli verde).
Non se trata tan só de exames a correxir, ou de unha laboura a realizar dentro dun centro educativo. Como persoas íntegras, penso que debemos ver máis aló, e tentar resaltar os acertos e as alegrías das nosas vidas... deixando atrás, quitándollo importancia aos poucos, e tamén perdoando, eses pequenos erros que cometen e que cometimos.
Como parte activa dun movemento innovador e transformador sen donos e sen nome, permítome e permito a outras persoas cambiar cara o ben común e para o ben xeral. O primeiro paso é dar a coñecer, anunciar e promocionar boas ideas como esta, e tentalas facelas reais.
Anímovos a todas as persoas involucradas na transformación educativo·social a probalas, en maior ou menor medida, sentíndovos en plena confianza e liberdade.
E a proposta é para comezar a usalas dende... XA!

Ánimos a todas, grazas por ler ata o final.

máis información:
Este método foi exposto por unha pedagoga rusa, Tatiana Ivanko, tras aplicarlla na súa casa ao seu fillo, e fíxose viral nas redes a finais do ano 15.
Se queredes máis información, ou ler outros artigos sobre el, eiquí tendes un par de enlaces:

http://verne.elpais.com/verne/2015/10/07/articulo/1444231771_661315.html
http://genial.guru/inspiracion-crianza/el-metodo-del-boligrafo-verde-42755/

No hay comentarios:

Publicar un comentario