viernes, 27 de febrero de 2015

#38 Ética, Moralidade, Consciencia


Ética: ciencia da moral, tenta establecer os límites entre o ben e o mal.
Moral: costumes e hábitos de conducta admitidos na sociedade.
Consciencia: facultade da persoa de coñecer a súa propia existencia.

Á procura e o encontro dun CÓDIGO ÉTICO (unha visión persoal)

Previo:

Segundo o modelo político actual, a acta dun cargo electo é de propiedade exclusiva da persoa que obtén tal cargo. Non existe ningún tipo de acordo/contrato de tipo legal que poida estar por enriba desa acta. O cargo electo é o artífice das súas decisións, de seus actos e do seu discurso no pleno, así como o seu único responsable.

Presentarse ás eleccións é estar disposto á posibilidade de asinar un contrato coa sociedade de 4 anos de duración, con posibilidade de ampliación.

Isto non é un xogo, é a Vida; as mesmas normas que queremos cambiar, son ben claras, e son para tod@s iguais.

Actual:

Construíndo como estamos, dende abaixo, outra forma de facer política, vemos que é necesario outro tipo de persoas nos gobernos nas nosas vilas:

+ Fai falla xente que tenha en conta dende ás persoas individuais ata á completa masa social chamada Humanidade.
Pasando, claro está, por os grupos de acción, os movementos sociais, ás asembleas, ás asociacións vecinhais/culturais/deportivas/(...) e a un longo etcétera, dos que xurden ideas, propostas, reprimendas e críticas que debemos de ter en conta.

++ O obxectivo do cargo electo é, en primeiro lugar, facer chegar ditas ideas e propostas ao pleno da maneira máis sinxela e realizablemente posible; ser un medio de transmisión, un cabo de unión entre a sociedade e o poder agora reinante.

+++ A finalidade de ditas accións é a de materializar e concretizar, as decisións para un ben∙estar xeral.


Cómo facelo?
+ Debemos chegar a un entendemento entre partes(inclúo aquí ao Pp, Psoe e Bng), facendo que todas elas quedemos minimamente satisfeitas. Ceder en parte ás nosas demandas, para que outras poidan beneficiarse, e viceversa; este é un bo negocio, o que é posible facelo realidade.

++ As reunións periódicas en reunións e asembleas abertas, onde se debatan ideas propostas con ánimos de mellorar e concretizar accións, e se avance en ben∙estar social para unha maioría social. Atender ás demandas sociais, con verdade, honestidade,sinceridade e transparencia.

+++ Pensar por as minorías sociais, excluíd@s e apartad@s, xa sexa por motivos voluntarios ou involuntarios. Facilitarnos o básico. Para un mundo en Paz é o noso deber cuidarmos entre tod@s.


Posterior (novas ideas para un mundo mellor):
--> Limitación salarial:

Se os políticos cobrasen por lei o SMI (salario mínimo interprofesional), acadaríamos 2beneficios:

+ o incremento gradual da cuantía do SMI
++ a boa intención e falta de ánimo de lucro desa chamada “clase política”

Como cidadán que me candidato a un posto, comprométome a donar o sobrante de dita cantidade á accións concretas, colectivos e asociación nos que poida depositar a minha confianza.

--> Equipo de goberno:
No caso de contar cunha maioría de votos, e polo tanto, unha maioría no pleno, sería convinte trocar a figura de “alcalde(sa)” pola de “equipo de goberno”, onde non se contase con oposición, senón que de ese equipo formasen parte tod@s @s concelleir@s.
Teríanse en conta as sensibilidades particulares e o cuidado de todas as persoas participantes dese equipo, polo ben da poboación xeral.

A persoa ao mando de coordinar ese equipo sería a encargada de velar polo ben da cidadanía e por levar adiante ás súas propostas na medida do posible. Ditas propostas serían transladadas aos plenos por boca d@s concelleir@s, presentes e participantes da sociedade.

Querer agradar a tod@s é un deber. Obedecer cegamente ás súas peticións un sen∙sentido.

--> Dándolle a volta ao cargo político @s polític@s do século XXI debemos escoitar, observar e pensar moito antes de falar. E falar ben, con correción verbal, sen tachas de forma nin de fondo, debería ser o ideal. Só así poderemos ser don@s do noso silencio e non escrav@s das nosas palabras.

Situarse por debaixo, en posición de servir, sen reparos e sen vergonhas, sendo clar@s e sincer@s.

Como seres humanos racionais, habemos de atopar un método co que nos sintamos a gusto, e que sirva para unha maioría consciente, capaz de escoitar e razonar outros pensamentos e ideas.

Prefiro ser unha folla en branco a un conxunto de ideas tachadas, nunha folla arrugada e tirada. Escribir a nosa historia por pasos, é ben mellor que escribir unha serie de promesas ben∙intencionadas... que pode que nunca se leven a cabo.
É o noso deber, saber gobernarnos para así dar exemplo, e así poder transladar os nosos conhecementos a un grupo de persoas e entre vari@s construír un bo∙goberno.

Recuperar valores como a humildade, a confianza e a enerxía das boas intencións, sumadas ao esforzo e constancia diarias, dan, de seguro, un bo resultado.

A democracia comeza dentro de cada unha de nós.

Moita sorte nos vosos caminhos e percorridos. Iremos apartándonos dos perigos.
Saúde, Amor e Alegría.

RenaRenato
Pirata do ben, dende sempre. Po)
Traballando ...arrr!... arreo!, polo ben común.

pd. Cando se me ocurra algo máis que me deixei no tinteiro da memoria perdida, volo comunicarei. Namentres, calquera achega, opinión e/ou comentario serán benvidas.
Ánimos a tutti! :o)

No hay comentarios:

Publicar un comentario