martes, 7 de octubre de 2014

#32 Grazas, Vigho!

"un pobo que ri é un pobo que ensina os dentes"
Chacovachi

Grazas a vós seguimos adiante, (RenaRenato +  PallasoTururú)

Tres anos enteiros, mes a mes, 36 meses sen faltar, de estar diante de moita xente montada en coches, de traballar iluminado pola luz dun Semáforo. Grazas.
Horas e máis horas de compartir tempo, confianza, alegría, ilusión e unha pouca de maxia para tan só un instante; cando o Semáforo cambia de cor, a verde, a Vida segue e o espéctaculo termina. Volto a dar as grazas.

Xente que marcha e outra xente que ven, sigo, observo e descubro grandes segredos da natureza humana... que sempre hai alguén a nosa beira, sempre alguén do noso lado, aínda que sexa no coche do lado, xente que poida que non conhezas (aínda) de nada. Grazas.
De cada unha de vós quero un sorriso. Quero crear un momento máxico, vívido e intenso; en tan só un minuto... é normal que queiramos algo máis de tempo! Falo de aprender e de divertir, de pensar e actuar mellor para crecer, de estar felices e contentos con aquilo que xa temos. Outra vez, grazas!

No meu caminhar aprendo: (cavilacións)
· Que pase o que pase, se sigo en pé, sigo sendo eu. Cunha axuda ou sen ela, tenho todo o que debo ter, espero e non me desespero. Practico a paciencia, e observo a beleza.

· Que cando non é 1 de cada 10 persoas as que colaboran cunha moeda, é 1 de cada 100.
Se non hai entre 100 persoas, tan só 1 que me axude, sen dúbida algunha, serán máis de 1 entre 1000 as que me axuden a continuar: unha moeda, unha palabra, un sorriso e un xesto de gratitude mutua que nos fai mellorar como persoas e como humanidade.

· Que a nosa realidade está da nosa man cambiala, e nos nosos ollos o poder de mirala (cada día) de unha outra maneira. A alegría se contaxia, así que vivamos con alegría duradeira!

Tendeo claro: Vigho, Ghaliza, e ti tamén: somos un pobo de artistas e @s artistas precisamos crear. O noso deber é mellorar o que xa hai. Axudar. Toca falar de beleza, harmonía e paz. Xunt@s facemos a nova humanidade.
Eiquí estamos dispost@s ao cambio social! Con alegría, enerxía e ilusión, coraxe, simpatía e corazón...
Tan só me queda voltar a darvos as grazas a tod@s, e +
unhas Apertas Agarimosas da fermosas Deusa do Amor!

+Pallaso Tururú :o)

pd. A liberdade é unha cuestión individual. Fas o que che gusta, sabes o teu deber. As veces é complicado, ás veces é un prazer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario