jueves, 8 de mayo de 2014

#23 Semáforo 2.N. Rogho: número FI

Xa está aquí!

Unha nova revista (e xa van 5), un novo número do "Semáforo En Rogho", a revista matemática de +Pallaso Tururú.

Sí, así é, e nesta ocasión trátase do "número FI", a divina proporción áurea, un número máxico que se atopa no centro da Vida... aparece nas caracolas, na disposición das pólas das árbores, no número 5 e no 6, na natureza humana e fractal, e en cantas cousas máis?

Por exemplo...eiquí tendes a portada:

Disto se trata:
Tururú faise Pirata; embárcase nun barco, xoga cun partidazo, metemos un golazo, e ata facemos publi(na)cidade!
Unha nova proposta cultural + artística + política... e tamén matemática, por suposto!!!

O día 14 de Maio do ano 14 será o día do lanzamento oficial do número.
Estaredes preparad@s? Ide rascando as vosas cacholas, quedanos moito que pensar, facer e aprender ;)

Sigamos crecendo, e facéndoo ben.

Saúde, camaradas, que disfrutedes de sorrisos vari@s.
Tururú   :o)

No hay comentarios:

Publicar un comentario