viernes, 17 de enero de 2014

#15 Compartindo CONCIENCIA (x3)

CONCIENCIA, (lat. conscientia): "conhecemento compartido".

Sabemos facelo e así o facemos: a nosa maneira, compartindo o conhecemento para un incremento do nivel de conciencia, tanto individual como colectiva.

O dous, a dualidade, está escrito nos nosos corpos, divididos en dúas metades: esquerda e dereita; parte de arriba e parte de abaixo. E máis: de onde vimos e cara onde imos; inicio e final.



O tres (3) podémolo ver como o que hai no medio entre dous (2)... ou como o que ven despois del.
O tres precisa do teu pensamento para crecer: non é nin malo nin bo, é o que é, un número do que aprender e co que xogar. O que ti queiras que sexa, só iso será.

Un exemplo que me gusta usar para saír da dualidade é ver a cultura OCCIDENTAL e a cultura ORIENTAL como parte dun todo maior.
Son dúas culturas diferentes que non son o mesmo, non son iguais, e ningunha pódese considerar mellor que a outra.
Buscando o punto medio entre as dúas culturas, algo máis elevado, atopei a NATUREZA, quen naturalmente, é a cultura máis natural.

Ti, por ser humano, estás no medio das tres, e non tes porque escoller entre elas. Podes e debes aprender e quedarte con as tres:

o espíritu de occidente, unido ao material,
as ensinanzas de oriente, orientando ao espíritu no que non se pode tocar,
e o silencio aparente da Natureza, en continuo crecemento, sen parar nunca, só creando Vida e máis Vida; sen pensar e así vencendo ao mal; crecendo e expandindo parte da súa existencia con todas nós...

E sempre estás ti, ti que es a parte máis grande, a que está no medio desas outras tres, ti, o centro.
Sen dúbida ningunha, ti es o que máis importa.

Seguimos crecendo en familia, grazas por estar ai e por lerme, apertas mil,

       RenaRenato + Tururú :o)

pd. Por último un apunte matemático:

Matemáticamente, na xeometría, dicimos que:
3 puntos non-alineados crean un plano.
Se están alineados, crean unha linha.
Se os 3 puntos están na mesma posición, no mesmo sitio, crean entre os 3 un único punto.

Punto, linha, plano... en breves, damos volume tamén, porque logo do 3, ven o 4... existe a "cuatrinidade"?

No hay comentarios:

Publicar un comentario