sábado, 24 de enero de 2015

#37 Eco·Karma + Matemáticas Recreativas

EcoKarma + Matemáticas Recreativas
(Teoría e práctica)

“Pensar sen estudar é o mesmo que estudar sen pensar. Non serve para nada.”




Existen infinitas posibilidades na Vida. A cada paso que damos ábrensenos portas, outras que se nos pechan... o mesmo pasa con as xanelas. Descubrimos novos mundos cando estas se nos abren e maravillámonos cando estamos preparados para ver que outro mundo non é tan só posible, senón tamén necesario e imprescindible.

Vexo como hai orde dentro do kaos, e tamén sei que non hai un día nen tempo perdido: cada cousa chega ao seu debido tempo. Só temos que confiar nos demáis e en nós mesm*s: axudarnos, facernos o camiño máis fácil, e seguir cambiando, aprendendo e practicando o noso ben, para o noso ben individual e para o ben común.

Simplificando, que hai que facer? (sinxelo entender, díficil facer)
En primeiro lugar, deixar atrás o que non nos gusta.
E ao mesmo tempo, retomar os nosos soños, soños comúns tantas veces soñados e que aos poucos, transfórmanse en realidade.

Se queres máis, eiquí está a minha proposta/reto (difícil entender, fácil facer)
aprender e compartir o aprendido. Aprender a compartir a alegría e as ganas de vivir en harmonía. Con xogos, músicas, números e risas, por un momento todo se transforma... e é que hai cousas que nunca se esquecen, que sempre permanecen... está sempre en todo o que existe. Saca o mellor que levas dentro!

Que é "Eco·KARMA"? (teoría)
EcoKarma é un monólogo sobre o Humor e a Vida, con base matemática.
Dende o Zero ata o Infinito hai moito que contar, así que comezaremos polo principio: UNIDADE, DUALIDADE, TRINIDADE... e dende aquí, cara onde nos leve o destino.
Un monólogo compartido, que de seguro se convertirá en diálogo, no que cada quen é libre de opinar e tan só colle o que mellor lle sirve.

Que son as "Matemáticas Recreativas"? (práctica)
Nada novo que facer? U-la curiosidade e as ganas de xogar e aprender? Quen dixo que as matemáticas fosen aburridas? Canto mal nos fixo o noso sistema educativo!
Retomamos a ilusión, pasámolo ben, e descubrimos entre tod*s o que cada un(ha) ten de mellor.
Lóxica, números, xeometría, espacio-tempo, fórmulas, teorías.
Cada día é diferente, e cada día será unha nova experiencia.

Estamos comezando... non te perdas esta única experiencia. Xunt*s iremos crecendo e facendo real o mundo que queremos.

Estás convidad*, serás máis que benvid*... e que reine a alegría!!!

RenaRenato (+pallaso Tururú) :o)


lunes, 12 de enero de 2015

#36 A (r)evolución do Amor.

Distintas e diferentes formas e maneiras temos, de seguir coa nosa evolución humana, e tamén de esta esfereta Terra (antes tamén chamada planeta).
As revolucións persoais, sumadas en cantidades inxentes, tradúcense en revolucións familiares, sociais, nacionais... e GLOBAIS!

O que non se pode parar é imparable... e disto é do que se trata. De tratarnos ben, a nós e a quen nos rodea.
De tratarnos con Amor.
Esta foto vai adicada aos compis que andan por todo o mundo, facendo da súa alimentación, e do cambio nos nosos hábitos de consumo, unha auténtica (r)evolución. 
Haxa Paz entre especies, haxa Unión entre os seres.
Om.

martes, 30 de diciembre de 2014

#35 Cambio.

"Cambia ti, e cambiarás o teu mundo"

O cambio feito de forma consciente, con feitos, con palabras, con reflexión, con sentimento... en definitiva, con Amor, é o cambio cara á tranquilidade do permanente.

O tempo, medido en días ou horas, minutos ou meses, semanas ou anos, é imparable. A Terra que da voltas, con nós, e coma nós, cambiando de continuo de posición, xira arredor do Sol, vai viaxando polo espacio sideral... e é sempre a mesma nosa querida esfera, a que tod@s pisamos, a que tod@s cuidamos e da que nos aproveitamos.
Cambiamos a súa superficie, tan só en pequena escala: CREAMOS máis Vida e/ou arrasamos con ela, dependendo do caso.

Facemos cada unha os nosos deberes, cada quen sabe que debe facer.
Caemos e erramos, e así aprendemos; aprendemos, como mínimo, a voltar a erguernos.
Con axuda mutua, entendémonos entre amig@s, e así facémonolo máis fácil e divertido.

Continuemos, sigamos. Cambiemos tendo en conta o ben Supremo, vendo en outr@s a nosa propia humanidade, movidos por esa idea ideal, chamada dende fai tempo Deus(a)... esquecéndose de calqueira tipo de medo... a que había que temer?

Cambiamos, melloramos, auto·transformámonos, superámonos e nos lembramos:

"O único que permanece é o cambio."
(alomenos no mundo material)
Pasádeo ben!
   Tururú  :o)

Xogando ás adivinhas:
Que cousa, cousinha, cousa dirá Tururú? 
                                  (ESCOLLE A TÚA OPCIÓN)
Por moito que cambiemos de ano, de ano en ano, somos nós quen cambiamos.
a) OM
b) Quen querería ser rei, puidendo ser o que se queira?
c) Bla, bla, bla.
d) Había unha vez un rei... dun reino que non existía.
e) Feliz "KINZE"! (15)

martes, 23 de diciembre de 2014

#34 Final de bienio (13·14)

O cambio existe, e o cambio é permanente. 

Nesta Vida que temos, desde pequen@s aprendemos.
Logo dos primeiros anos de experiencia, chegan outros anos de formación. Seguimos aprendendo.
Máis tarde ven o traballo (ou non), unha ocupación(ou non), parella(ou non), fill@s(ou non), viaxes(ou non)... e aí, entón, nun momento, cando todo vai ben, comeza a aflorar algunha (ou varias) dúbida(s):

quen son eu? onde estou? que quero? cal é o meu deber?

A crise da que tanto se fala, debe levar un adxetivo. Crise social, crise ambiental, crise económica, crise política, crise global. Crise formada por innumerables crises persoais. Cada persoa conta, contas ti, conto eu. Xunt@s sumamos, e xunt@s debemos crecer.

Un mundo en proceso de cambio é máis fácil cando nos facilitamos os procesos;
ás veces sucede o contrario: custa soñar, cando te tiran os soños abaixo. Custa loitar, cando se está situado abaixo. Custa crer no mundo, cando o mundo non cree en ti... nembargantes... seguimos....

Seguimos sen dúbida.
Sempre nos quedarán soños por cumprir, loitas que gañar, e moita xente neste mundo, que crea en que ti es capaz. E por eles, por ti, por min, por continuar, por amar, por estar en paz, por soñar e desexar un cambio global... seguimos a debuxar.

E agora tamén, (fóra traumas, fóra medos), Tururú comeza a colorar!
Que pasedes un bo final de ano e tamén final deste importante bienio, 13·14.


E que recibades alegremente, cun sorriso na boca, en familia, sós ou en compañía, outro ano máis... o 14+1, ou 13+2.

Que vos venhan ben dadas no seguinte ano, o 15. Que sorpresas nos traerá?

Pensade ben.
Sede felices, e lémbradevos que durante todo o ano: Merry Krishna! #Hare!

Tururú _ :o)

viernes, 24 de octubre de 2014

#33 Conhecemento, discernimento, entendemento, comprensión, SABIDURÍA.

Formamos un novo mundo e unha nova sociedade con ilusión... e FORMACIÓN.

As palabras só tenhen o significado que ti, eu e @s demáis lles damos. Dependen de quen as diga, do contexto, da situación e da forma de ser de cada persoa.
Está ben saber que o último filtro pómosllo nós, e así (ás veces pasa que ) só oímos a parte que nos interesa.

Abrindo a mente pouco a pouco, para que non se nos rompa. Desta maneira (re)descubrimos novos conceptos, novas palabras, e conseguimos separalos... para non confundirnos! (nin a nós, nin a outr@s)
Non debemos falar do que desconhecemos, nin pensar que xa somos sabi@s por ter unha serie de datos e/ou conhecementos...e aínda así falar, contar, equivocarnos e rectificar. Vai por niveis, non podemos facer máis dunha cousa á vez.

O caminho da SABIDURÍA:
Para ascender a un cúmio máis alto, primeiro debemos baixar do cúmio no que xa estamos, e logo voltar a subir (aos poucos, sen présa e tamén sen calma).

+Unha vez obtemos o CONHECEMENTO, mediante estudio, relacións, experiencia, ...
+usamos o noso propio DISCERNIMENTO, e decidir por nós mesm@s que é o correcto...
+algúns detalles que ao principio pode que non vexamos, vanse aclarando co ENTENDEMENTO...
+máis tarde chegamos á COMPRENSIÓN dunha situación, xeral ou concreta...
...
+e por último a SABIDURÍA, descubrir o verdadeiro SABOR da Vida... e transmitilo, isto é tan só parte do noso SABER.

E é que se a teoría di que o que importa é a PRÁCTICA, quen dirá que está equivocado?
Sede felices, confiade, seguide os vosos sonhos e destinos, e tamén importante, enfrentádevos aos vosos medos, con amor, certeza e coraxe.

O cambio é a mellor. Saúde!

RenaRenato
#PensamentoPorNiveis



pd. Grazas por ler e chegar ata eiquí! :) Cada quen aporta o seu graninho de area... e tamén hai quen nos aporta a montóns: estou falando da RSP (Rede de Solidariedade Popular), que están acampad@s ao pé da cruz do Castro (Vigo), pedindo cambios para tod@s e non só para unhas cantas.
Hai cousas que tenhen que cambiar... e outras simplemente desaparecer.

Pd2. o enlace a RSP·Vigo: http://www.reddesolidaridadpopular.org/red/vigo

martes, 7 de octubre de 2014

#32 Grazas, Vigho!

"un pobo que ri é un pobo que ensina os dentes"
Chacovachi

Grazas a vós seguimos adiante, (RenaRenato +  PallasoTururú)

Tres anos enteiros, mes a mes, 36 meses sen faltar, de estar diante de moita xente montada en coches, de traballar iluminado pola luz dun Semáforo. Grazas.
Horas e máis horas de compartir tempo, confianza, alegría, ilusión e unha pouca de maxia para tan só un instante; cando o Semáforo cambia de cor, a verde, a Vida segue e o espéctaculo termina. Volto a dar as grazas.

Xente que marcha e outra xente que ven, sigo, observo e descubro grandes segredos da natureza humana... que sempre hai alguén a nosa beira, sempre alguén do noso lado, aínda que sexa no coche do lado, xente que poida que non conhezas (aínda) de nada. Grazas.
De cada unha de vós quero un sorriso. Quero crear un momento máxico, vívido e intenso; en tan só un minuto... é normal que queiramos algo máis de tempo! Falo de aprender e de divertir, de pensar e actuar mellor para crecer, de estar felices e contentos con aquilo que xa temos. Outra vez, grazas!

No meu caminhar aprendo: (cavilacións)
· Que pase o que pase, se sigo en pé, sigo sendo eu. Cunha axuda ou sen ela, tenho todo o que debo ter, espero e non me desespero. Practico a paciencia, e observo a beleza.

· Que cando non é 1 de cada 10 persoas as que colaboran cunha moeda, é 1 de cada 100.
Se non hai entre 100 persoas, tan só 1 que me axude, sen dúbida algunha, serán máis de 1 entre 1000 as que me axuden a continuar: unha moeda, unha palabra, un sorriso e un xesto de gratitude mutua que nos fai mellorar como persoas e como humanidade.

· Que a nosa realidade está da nosa man cambiala, e nos nosos ollos o poder de mirala (cada día) de unha outra maneira. A alegría se contaxia, así que vivamos con alegría duradeira!

Tendeo claro: Vigho, Ghaliza, e ti tamén: somos un pobo de artistas e @s artistas precisamos crear. O noso deber é mellorar o que xa hai. Axudar. Toca falar de beleza, harmonía e paz. Xunt@s facemos a nova humanidade.
Eiquí estamos dispost@s ao cambio social! Con alegría, enerxía e ilusión, coraxe, simpatía e corazón...
Tan só me queda voltar a darvos as grazas a tod@s, e +
unhas Apertas Agarimosas da fermosas Deusa do Amor!

+Pallaso Tururú :o)

pd. A liberdade é unha cuestión individual. Fas o que che gusta, sabes o teu deber. As veces é complicado, ás veces é un prazer.

viernes, 12 de septiembre de 2014

#31 Consideracións para disfrutar de asembleas e reunións varias.

O cambio existe, e de feito, é o único que permanece. Dende o 15M ata hoxe moitos foron os feitos que se sucederon, tanto para ben como para o non-ben.
Mirando cara adiante, o que importa é que seguimos en pé, caminhando a bo ritmo.

Aprendimos, seguimos aprendendo e máis que aprenderemos. Cada vez somos máis @s que queremos "algo" novo; poder vivir en paz sen exércitos, sen armas, sen fronteiras e, claro está, con amor e respeto.

Entre o poder e o ganhar, fai falla o querer.
Querer aprender é como amar o saber. Fagámolo sen parar.
Traballar, estudar, disfrutar, vivir e xogar. É todo o mesmo.
Chegou o momento de avanzar.

Deixando atrás a cobiza de grandes e antig@s poderos@s, a nova humanidade da que formamos parte precisa de axuda, de forza e do apoio de cada unha de nós.
En nós mesm@s debemos CONFIAR e en tod@s os que están ao noso arredor.

+++++ As CONSIDERACIÓNS ++++++++
Tanto se algunha vez participastes en ASEMBLEAS como se non, considero importante que saibades:

+ Nas asembleas, é preferible usar a palabra CONVERSAR en vez de "falar". Non se tratan temas a nivel persoal, senón que está implicada a sociedade en xeral.

+ Nas asembleas, ou en calquera grupo, é importante a capacidade de ESCOITA. Só unha persoa fala de cada vez, as demáis escoitan. Atender ao que se di, prestar atención, esperar a que remate sen dicir nen mu.

+ Nas asembleas non fai fallar falar moito. Para que sexan fluídas, debemos RESPECTAR turnos de intervención e escoitar mesmo o silencio que existe entre ditas intervencións.

+ Nas asembleas, debemos concretar, SINTETIZAR, ser breves nas nosas ponencias, e non repetirnos (nin a nós mesm@s, nin a ningun(ha) de nos@s companheir@s.

+ Nas asembleas, cando alguén propón a favor do BEN·COMÚN, apoiamos a moción, sen dúbida, buscamos a nosa implicación e/ou tentamos mellorala. Pensamos no máis grande, actuamos no máis pequeno.

+ Nas asembleas numerosas, é preferibel facer PEQUENOS GRUPOS onde así a xente se conheza, intervenha, síntase escoitada e que non está sola.

+ Ás asembleas hai que acudir co traballo PERSOAL ben feitinho, descansados e relaxador, para pasar e facer pasar @ outr@s un rato ameno, divertido e agradábel, da que TOD@S saiamos satisfeit@s.

+ Para finalizar ás asembleas deberiamos darnos entre tod@s un FORTE APLAUSO. Estivemos e continuaremos de celebración.

Seguimos caminhando cara ás municipais do ano que ven.
Podemos, Marea, Ganhemos... unámonos e reconquistemos Vigo para tod@s nós e para a nosa xente.

RenaRenato
un pallaso metido a político,  :o)  arrr!