martes, 10 de diciembre de 2013

#13 Ano 13 :)

"É o trece, un número singular.
Este ano é, un ano sen igual."
Tururú

Un ano de cambios e transformacións,
para o ben... aínda quedan algúns que din que para non tan ben...

Se precisas estar en paz,
eu só che quería lembrar:
o que pasa, é o que ten que pasar,
observa e cambia a túa maneira de ver,
re-aprende todo o tempo a vivir!

Que pases un bo día,
                               Tururú  :o)


SABÍAS QUE...?

O 99% das persoas, é máis GUAPO cando sorri  :-)
                            Se o probas contigo mesm@,
                            estará todo mellor ao teu redor  ;-)

viernes, 15 de noviembre de 2013

Charla: "O XOGO da VIDA"

"mellor tarde que nunca"
"as cousas do pazo... van despacio"
Anónimo
 
Este sábado 16 de novembro, as 21h, terá lugar na Cova dos Ratos (asociación Caleidoskopio, rúa Romil 3, Vigo) unha charla a cargo de RenaRenato, unha persoa con moito que contar, e que nos explicará cales son algunhas das normas que dirixen a súa vida, cousas normais, para xente que queira a normalidade da paz.

 
Unha charla adicada a descubrir o poder que atesouramos dentro de nós, aprender como xogar con el, usalo a favor do ben, e tamén como recargar os ánimos e as enerxías para sentirnos mellor e para perder medos.

Ao final da velada, presentaremos o novo número da nova revista auto-editada "Semáforo En Rogho", a revista do pallaso Tururú, pallaso do semáforo  ;oD

Con esta terceira entrega, remátase a triloxía do ano 13,unha aventura que polo visto, ten trazas de continuidade... non volo podedes perder!

Estades todxs máis que convidadxs e seredes máis que ben-vindos...

e porque non está de máis recordalo...

                                                        ...Feliz 13!

R2N1Renato

lunes, 11 de noviembre de 2013

#12 Semáforo en Rogho, nº78%

Este mes de Novembro, o día 13 non cuadra en martes, e tampouco en venres... será o mércores, e esta é a "Semana do TreZe"

Con esta terceira entrega, complétase a TRILOXÍA do TREZE, tres revistas en tres formatos diferentes, pensadas para o entretemento, a diversión e o conhecemento... algo novo pasa na cidade!!

O Semáforo dache tempo para pensar, nas pequenas cousas que convén recordar; como que se sorris estás + guap@, ou que se disfrutas das pequenas cousas, podes ser máis feliz;
 e tamén non te esquezas de que a maxia, está dentro de ti. Agora só lhe falta sair, e aprender a sacala por que... porque... porque SI !!

Así que, outra vez o digo: "Alegría, noite + día"

Sede felices, feliz ano 13.
Tururú

pd. Casualidades da Vida e dos Números...
+ logo do día 13 do mes 11, faltarán 17 días de Novembro + 31 días de decembro, para que remate o ano.
17+31 = 48
 + se calculamos a porcentaxe de días que aínda faltan, só temos que facer:
% = (48 x 100) / 365 = ?
+ eu buscaba o 78%, dalgunha maneira, máis o número que me saiu, é ben curioso... como é posible que sexa o 13% ?? [casualidade causal... ou será casual?]

viernes, 8 de noviembre de 2013

#11 Como comezou a historia do Semáforo

Había unha vez un rapaz, que para "ganharse a vida", decidiu facer o que mellor sabía facer: malabarear. Decidiu pórse, expórse;
 na rúa, no semáforo;
para ver á xente, e aos coches pasar,
e así facer sorrir e alegrar algunhas vidas alleas.

No semáforo ganhou cartos, a Vida xa está ganhada; e logo decidiu seguir crecendo: debuxante, creador, pensador, lector, meditador... na busca da Vida, da verdadeira realidade, da esencia do Ser.

E así comezou sempre outra vez todo, fai xa dous anos, era agosto'11;
o día 31 o Semáforo En "Rogho" comezou a funcionar para min,


O único que fai parar as cidades no mundo todo,
é o "Semáforo En Rogho".
que aínda que pareza sempre igual, sempre é irrepetible!

Non te esquezas, a maxia está dentro de ti;
o que non se soe dicir é que para saber usala, antes hai que atopala... e aprender a usala!

Agora a divertirse. para a semana máis novidades, saúde e saúdos!


ReNaRenato (+pallaso Tururú)


pd. E aquí está foi o artigo que me escribiron no xornal naquel tempo...

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/09/06/0003_201109V6C5999.htm

martes, 22 de octubre de 2013

#10 Porcentaxes de tempo, vida e alegría

"Se todxs fixéramos un pouco,
unhas poucxs non terían que facelo todo."

Que porcentaxe de tempo da vida pasamos vendo como avanza unha barra na pantalla do ordenador? 
Como reducir ese tempo? Como aproveitalo? 
A suma de moitos pequenos tempos fan un tempo máis grande.

Ante a pregunta de "quen son?", temos múltiples posibles respostas: podemos dicir o noso nome, a nosa profesión, os nosos gustos e preferencias e calquera outra cousa; mesmo podemos non responder, ou responder con outra pregunta: "por que o queres saber?"

Que cada unha responda ás súas propias preguntas.
Feita a pregunta, tócame resolver..."quen son eu?" Respóndome agora mesmo: "o que son, é o que fago". Unha resposta, a que lle siguen outras preguntas: "que fago, como o fago, para quen o fago?" e tamén o grande e universal...

"POR QUE fago o que fago?" 

A intención é o que conta, dicianme de cativo; de maior aprendín que o que se da... é o que ven de volta, e non volta só, senón que volta multiplicado por 10, por 100 e pode que ata por 1000.

A intención ven do interior, 
sae da vontade de facer unha acción, 
se lle botamos unhas boas "ganas"... "ganas" de ganhar, 
da vontade de querer que saia ben, 
da intención de mellorar cada día un pouco máis.

Se o que fas é o ben, redúcense as dúbidas á hora de contestar a pregunta: "quen son eu?"
Nunha frase, resumindo queda: "FAI O BEN, E MIRA QUE BEN O FAS"
Facendo o BEN, serás o propio BEN.

Que nos vaia BEN bonito ;)
Saúde, alegría, e ben
                             Tururú

Semáforo En Rogho... 78% cargando...
pd. Contestándome as preguntas do inicio, debo dicir que a mellor maneira de reducir estes tempos de espera é usando menos o ordenador; 
pd2. E para aproveitar ese tempo, eu suxiro: fechar os ollos, sorrir, respirar profundamente e se queres, por que non?, tamén estirar os brazos, coas mans cara o ceo, e sentirse mellor. ;o)

jueves, 17 de octubre de 2013

Tururú en Matamá! :o)

Este sábado 19 de Outubro, Tururú estará en Matamá no...

 

MAGOSTO POPULAR E 

FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO 

que organizan @s amig@s do colectivo MALAHERBA...
castanhas, millo, e Tururú... hai algo mellor para ese día?
Estades todas convidad@s a vir a xogar comigo, a partires das 17h. Logo por alí quedamos a ver o resto de actividades, que son estas:

► PROGRAMACIÓN
12H:OBRADOIRO DE CONSTRUCCION DUN HORREO CABACEIRO
16H:ESFOLLADA DO MILLO
17:00:PALLASO TURURÚ
18:00:OBRADOIROS:APRENDICES DE HOMES ORQUESTRA/ELABORACION DE BONECAS CO FOLLACO DO MILLO/CONSTRUCCION DO CABACEIRO
20:00:REPARTO DE CASTANHAS
21:00:FANFARRIA TAQUIKARDIA
22:00:CE ORQUESTRA PANTASMA
23:00:0 LEO I ARREMECAGHONA

Saúdos, e deica o sábado!

martes, 15 de octubre de 2013

#9 A Felicidade, na Cidade.

"A cidade a forman as persoas que a habitan;
a cidade, (parece) a túa amiga...
e é moitísisimo máis ca iso!"
RenaRenato

 Son feliz por ser un SER humano,
                        e non un outro animal;
e tamén por vivir en Vigo,
          unha cidade con vistas ao monte
                                                     e ao mar.

E ti, por que es feliz?