lunes, 19 de agosto de 2013

Buscando a ESENCIA dos números

"Día 19, un 1 e un 9 xunt*s,
principio e final dunha volta,
antes de estar no 20."
Tururú


Conhecemos os números, sabemos o que son... son todos iguais para ti?
e para nós... podemolos pensar/sentir igual?
Temos moitos números que nos marcan, dende a nosa data de nacemento, ata o número de calzado, a nosa idade, ou o número do portal de casa, o número co que estamos fichados, o prezo dunha compra abultada...

Para escribir os números no sistema numérico decimal usamos dez díxitos: 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Desta maneira, pondo cifras, unhas ao lado de outras, obtemos números maiores.

Por exemplo:
- se colocamos un UN (1), un DOUS (2) e un TRES (3) seguidos, temos o 123, que se le "cento vinte tres".
- se pomos un CATRO (4) e un (9), teremos o 49, o "corenta e nove".

Desta maneira podemos crear números moi grandes, cada vez maiores. Mais se o que buscamos é a ESENCIA de cada número...
...poden ter algún(s) números algún significado especial?

Metémonos nun campo complicado de ver e de mostrar; ademáis, cada quen ten a súa opinión, e cada número, cifra, díxito ou algarismo, pode significar cousas ben diferentes, dependendo de quen o mire, da situación na que se encontre, e dos pensamentos que tenha.

O XOGO DA REDUCCIÓN:

Todo número de máis de un díxito, pódese "reducir" a unha única cifra, que será un número entre o 1 e o 9.
Isto podemos velo como un XOGO... mais antes, vexamos como facer esa reducción:

(- se o número só ten un díxito, só temos que ver para el. A esencia do número é o mesmo número.)
- se ten máis dun díxito, teremos que reducilo, sumando os seus díxitos;
- voltamos a repetir a operación ata que o resultado sexa dun díxito só.

Cos números creados antes, veremos como facelo:
* 123  --> (sumamos os 3 díxitos) 1+2+3 = 6 ; isto significa que o 6 é a esencia do número 123.
* 49  -->  (sumamos os 2 díxitos) 4 + 9 = 13 --->
---->(volvemos a sumar os 2 díxitos) --> 1 + 3 = 4 ;
e rematamos decindo que o 4 é a "esencia" do número 49 (e tamén do número 13).

Para continuar a xogar, terás que descubrir o teu número que está relacionado coa túa data de nacemento... en que "número" naciches?

Para resolver esta intriga, suma os díxitos do (día+mes+ano) no que naciches, fai a reducción, e con calma o terás...paciencia, fai falla tempo para investigar algo máis.

A REDUCCIÓN é unha cifra entre o 1 e o 9... cada unha co seu significado... que significan para ti?
Algo que se poida ver en especial? Algún descubrimento, algunha achega, algo no que poidamos estar de acordo unha meirande parte dos mortais?

Para comezar polos primeiros números, darei unhas pistas do que podo afirmar que sei:

O 1, UN/ UNHA, é o único número singular, representa a UNIDADE... unidade do propio ser? ou da túa familia? da cidade? do mundo? ou do universo?

O 2, DÚAS/ DOUS, é un par, representa a DUALIDADE... de iguais e/ou de opostos?

O 3, TRES, como un triángulo podelo ver... e que máis?

O 4, 5, ... ata o 9, deixámolos para máis adiante, non imos a ver todo de golpe e sopetón...non queremos ter unha indixestión de números, ideas e pensamentos!

Quedan como unha intriga, un misterio, para vós pensar, analizar, contar, medir, pesar, meditar, cantar, bailar ou o que queirades facer con eles.

E é que non sei quen dicía iso de que "todo pensamento é bo"... pois pensade tamén n*s demáis, e no mundo universal!!

Saúde, paz, amor e harmonía (q rima con alegría)

:o) pallaso Tururú, (tan ["o que queiras"] coma tú!)

Nota: Estas cuestións pódense investigar, hai moito escrito, se buscades NUMEROLOXÍA en internet, mais o que importa é o que penses TI, de cada número... le opinións, infórmate e párate a pensar nos números de cada día, xa verás como todo cambia... ti tamén podes e sabes, ti tamén es numerólog*!





miércoles, 31 de julio de 2013

Números, Matemáticas e Vida


"Día 31, o 13 ao revés... feliz 4!!"
Tururú

Eu son Tururú, pallaso matemático, habitando o corpo de RenaRenato.

Gústame pensar, gústame a VIDA, 
gústame a natureza e tenho gusto pola SABIDURÍA tamén.
Procuro vivir a vida feliz e con ALEGRÍA, 
aquí, agora, e en calquera momento do día.

Se me queres acompanhar, gustaríame presentarte o meu MUNDO, cheo de números, debuxos, matemáticas e ilusión...
...arrechégate un pouco e faino teu: toma o meu mundo, o noso mundo, é TEU tamén.

Para comezar a conhecernos mellor, vou comezar coa definición dunha palabra, importante para comezar a saber:
MATEMÁTICAS = procede do grego ´mathematikós´, que significa "@ que aprende". Á súa vez, ´mathematikòs´ deriva de ´máthema´, que significa "conhecemento, estudo, aprendizaxe".

Un matemático é polo tanto unha persoa que aprende, unha persoa aprendiz. E no caso de Tururú, él quere ser un APRENDIZ FELIZ.

APRENDER é un proceso que non debemos parar ao longo de toda a nosa vida. Estamos continuamente aprendendo, de diversas maneiras: pola experiencia, pola razón e por testimonios doutras persoas.

Tomando CONSCIENCIA do aprendido, levamolo á práctica, sen dúbida, unha parte ben complicada... aplicar os conhecemento á vida real! Un intrigante desafío que nos fará disfrutar de novas experiencias... ou acaso non disfrutamos cando logramos COMPRENDER/ENTENDER/SABER algo novo?

Podemos facelo: aplicar na práctica o que xa sabemos, e seguir a aprender, para construir entre todas un mundo mellor. Só tes que dar un paso... e outro, e outro, e así, continuar a crecer na vida, continuar a aprender, a des-aprender, a cambiar, a mellorar para ser.


Case rematando, unha breve contestación aos interrogantes da anterior entrada deste blog, sobor dos NÚMEROS
(que son os números? como os podemos representar?
que podemos aprender deles? como se relacionan?):

- os NÚMEROS son unha parte das matemáticas. Son ABSTRACCIÓNS humanas para contar, medir, pesar e/ou ordenar.
- os números EXISTEN dende milleiros de anos. Son as pezas básicas da linguaxe matemática. Son unha creación que ven da humanidade pasada, que permanece en nós e que continúa a evolucionar e a crecer.
- a REPRESENTACIÓN máis habitual desta abstracción, é cos números indo-arábigos, as cifras do 0 ao 9, son os máis prácticos de usar, por iso da notación posicional, máis existen outras notacións, como os números romanos ou os números maias, entre moitas outras.
- o que podemos APRENDER dos números... isto é cousa de cada unha! (os números só se ensinan a si mesmos, somos nós as que aprendemos).
- os números son todos DIFERENTES entre eles, máis tamén son todos IGUAIS... só os podemos RELACIONAR/comparar se temos algún criterio de comparación, mais se esta non existe, podemos definir a relación entre eles, como unha relación NEUTRA; os números non se aman, nin se pegan, nin se namoran, nin se pelexan.

Xa no final desta entrada, e antes da saída, unha pequena puntualización, para sentar a base do meu pensamento:

a ALEGRÍA é divertida e positiva.
a tristeza é a ausencia de alegría... mais se existe só como ausencia, non é como se non existise?

Entón só tes que repetir para ti esta frase: "ALEGRÍA, noite e día!" e así comezar a vivir, un pouco máis feliz.

O dito, alegría, que é de VIDA, e continúa a sorrir!
Tururú  :o)

miércoles, 26 de junio de 2013

Presentación numérica


Todo é número, dixo Pitágoras uns 2mil600 anos atrás...
e eu digo agora: "todo segue sendo número".

Tururú


Benvid@s tod@s entón a este blog matemático,
en galego, de momento, esperemos que por moitos tempos,
no cal dos números poderemos falar,
para con eles pensar,
 e así tamén deles aprender.

E é que os números son eternos e universais,
tanto na nosa mente coma na súa propia existencia, penso eu
Agora ben, pregúntome eu:
 
     que podemos aprender deles?
        existe algún número igual ca outro?
           como se relacionan uns cos outros?
               conhecemos números "especiais"? e "espaciais"? :P  :)


Moitas cuestións nas que pensar sobor dos números,
con eles pódese abarcar a totalidade,
ou alomenos facer con eles dunha parte, un todo.
 
Empezando polo principio, 
 
     que é un número? (e de onde ven...? cara onde vai...?)
     e como o podemos representar? (e se en vez de así fose asá...?)

Con estas "PEQUENAS" cuestións para pensar e investigar,
outro día seguimos con un pouquinho máis!
 
(e antes de marchar, só recordarvos que...)
        o positivo suma
   e que o negativo resta

e desexarvos moito amor, paz, saúde e amizade...
...e ALEGRÍA, q é de vida!

Tururú, pallaso matemático :o)