martes, 15 de octubre de 2013

#9 A Felicidade, na Cidade.

"A cidade a forman as persoas que a habitan;
a cidade, (parece) a túa amiga...
e é moitísisimo máis ca iso!"
RenaRenato

 Son feliz por ser un SER humano,
                        e non un outro animal;
e tamén por vivir en Vigo,
          unha cidade con vistas ao monte
                                                     e ao mar.

E ti, por que es feliz?

lunes, 7 de octubre de 2013

#8 Acción da Ficción na Realidade

"O SORRISO é condición necesaria, 
mais non suficiente para a FELICIDADE"
Tururú, pallaso matemático

Quen decide por ti? Quen separa a REALIDADE da FICCIÓN? E quen pode saber ou decidir se unha IDEA é factible ou ilusoria?

Ao longo do meu caminho sigo, cada vez máis consciente do que pasa. E vexo que o paso dos anos non son nunca en balde: pequenos e grandes cambios, decisións individuais e colectivas que continuamente tomamos antes... e que nos leva xusto ao momento no que estamos agora... agora, ano 13.

A tranquilidade e o crecemento continuo que vemos na NATUREZA, é un sinal de que debemos ter fe, CONFIAR, e seguir confiando... en que as decisións que tomamos sobre que caminho seguimos serán, como normalmente son, para o noso BEN estar, e tamén para a d*s demáis.

Se ao final, o único que permanece é o CAMBIO... saibamos tamén que o que cambia no tempo é a esencia desa mesma PERMANENCIA, dende o individual ao colectivo e un chisquinho máis aló, ao global.

Cal é a túa ESENCIA? Párate a pensar por un momento... reflexionar... meditar... ommm
que facemos? en que pensamos? como nos tomamos os acontecementos que nos suceden... o paso do tempo... a cara que se nos queda cando non nos damos conta dela... probaches a SORRIR hoxe?

Se o que se quere é o BEN, un ben primitivo... de cando éramos cativ*s, facer o que está ben... pensar en cousas para nos alegrar, e como xa somos maiores, xa vai sendo hora de crearnos a nosa propia realidade... PODEMOS! Constrúamos xunt*s as nosas ideas, fagámolas realidade.

Unha realidade que aínda non sae nas noticias, mais é REAL... paz, alegría, tranquilidade... inunda o mundo enteiro... e non se pode ver, está dentro de ti, dentro do teu ser, estou seguro de que ti tamén o tes... busca, segue!, atoparémonos, segur*!

A realidade do desexo,
de que tenhamos unha VIDA con enerxía,
con alegría, día-a-día, alegría.

A realidade da túa mente... poderosa mente!
Proba a SORRIR outra vez :) e sé un chisco máis feliz.

A realidade da ficción,
...en ficción... en ficción...
"SEMÁFORO en ROGHO": realidade ou ficción? :o)

Espero que vos gustara,
                                     Tururú (en acción)







viernes, 4 de octubre de 2013

#7 O gozo de aprender


"Aínda non estou seguro sobre iso de que:
`só sei que non sei nada` "
Tururú.

Decía Epicuro de Samos que hai na vida dous grandes praceres, a amizade e o conhecemento; o primeiro deses praceres, a AMIZADE, considerabaa inmortal; namentres que o outro, o CONHECEMENTO (pobres de nós, que tanto queremos saber), situábao como un ben mortal, que se vai con nós.

Ámbolos dous praceres son precisos e preciosos, e dos dous aprenderemos, con grande gozo, cando sabemos o que facemos, e disfrutamos do momento... a quen non lle gusta unha operación ben realizada? Ou a sensación dunha nova idea captada? E as risas que podemos botar cuns amigxs?
Acaso neses (e neste) momento inmediato... non estás/estarás aprendendo algo?

Aprender é vivir, vivir é aprender. 
Para comprender mellor o mundo, e a nosa propia mente, usamos as matemáticas como un medio para entendernos, para pornos de acordo, na verdade ou mentira dunha afirmación ou sentencia.

A linguaxe que usa a matemática é unha linguaxe humana e global, lévase usando séculos, e non se estanca, que avanza, ata chegar a onde agora estamos... e é moito moito máis do que estudamos no cole. É todo aquilo que poidas imaxinar.

E outra linguaxe global, case diría Universal, é a linguaxe dun sorriso dado e ben recibido. Nin fai falla traducilo.

Sede felices por moitos tempos ;)Tururú

pd. Contastes algunha vez cantas letras ten unha palabra?
Aqui ponhovos un par: Paz (3), e Tranquilidade (13).
Se queredes continuar, por que non contar as letras da palabra Felicidade?
E por se alguén sabe... algunha outra palabra de 13 letras?


sábado, 28 de septiembre de 2013

Sabiduría, saber, sabor.

Conhecemento e sabiduría son cousas diferentes.
O conhecemento serve para aprender, e ver que non somos todas iguais.
Aprender é saber disfrutar do que temos agora mesmo,
esquecernos do que pasou, non pensar no máis alá...
...AQUÍ, AGORA, XA!

Conhecer é ver o que aínda non nos atrevimos a probar... algunha vez parástes a pensar a que saberá? Que será? Como estará? Gustarame?
Cando tes medo de algo, e o queres superar,
a ese medo te terás que enfrontar,
ou pode que o medo te siga atrás.

A sabiduría é conhecer cada vez máis sabores, máis saberes.
O sabor do saber,
degustar dun instante, tal cal é.

Lémbrate:
estamos aqui para aprender (a estar aquí),
co noso corpo, coa nosa mente, e con todo o noso ser.

E así, con curiosidade me pregunto:
Que novedades traerá o día? Que aprenderei? 
Serán sorpresas as que atoparei.
Pasádeo ben.

Tururú


miércoles, 25 de septiembre de 2013

PRIMEIRA PAZ MUNDIAL (outra maneira de pensar)

Actualidade
É común escoitar que vivimos nun mundo en guerra, nunha guerra continua que aínda hai quen di que é para acadar a paz...
E é que se existe a guerra, é porque existe tamén a paz; son dúas partes dun todo DUAL, un par de conceptos opostos, que xiran con forza un detrás do outro, e a que nos enfrontamos. Trátase do ben e do mal (ou dito de outra forma, "o que non está ben").

Podemos escoitar ideas que xurden do noso discurrir, e tamén podemos conhecer o que sae de outros saberes de outros seres. Unha vez escoitemos, a decisión para a pasar a acción, pasa a estar nas nosas mans... como/cando/por que escoller o ben... ou o que non está ben?

Cambio
Existe un cambio mental que se produce ao pasar de falar da guerra, e comezar a falar de algo chamado paz. Este cambio é aínda maior se pensamos e comezamos a nomear a "I PAZ MUNDIAL",
Non falo aqui dunha paz que sexa contraria á guerra... procuramos algo máis, unha PAZ universal, tamén nomeada como AMOR incondicional, dúas palabras que idean un valor por encima do ben e do mal, por encima da dualidade.
Para crear esta paz de VERDADE, esta paz feita dende abaixo, dende a humildade de cada ser humano, fai falla actuar dende dentro de cada persoa.
E é que se todas trocasemos un pouquinho cada día... non trocaría o mundo tamén outro pouco?

Non podemos deixar a cabeza pensar que é un imposible. Non podemos pensar que isto é só cousa de gobernos e estados... aínda que só poida ser unha especie de crenza, está da nosa man facela CERTEZA.
Imos facelo, e ao final, mellor que mirar atrás, continuemos... sen parar.

Acción
Comeza, continúa, remata. Cambia agora... XA!

apertas e uns sons, directos ao noso mutuo corazón;
sons de paz, unha canción! (a que ti queiras)
( p + a + z = PAZ)
                              Tururú

lunes, 16 de septiembre de 2013

Semáforo en Rogho, paso a paso, e van 2 pasos.

Ola a todxs e benvidxs ao canal de comunicación "on-line" do pallaso Tururú.

Outro mundo é posible, ánimos companheirxs!!
Xuntxs podemos facelo... cómo?
Cambiandonos a nós mesmas: a nosa maneira de pensar, de actuar, de falar e de estar.
Practicando todos os días, todos os días un pouquinho máis, e así poder lograr o que de VERDADE queremos lograr...
paracheste a pensar algunha vez, no que queres para ti? e para xs demáis?

PODER crear, o grande don da HUMANIDADE, personalizado en cada unha de nós.
Cada xesto, cada palabra, cada pensamento... todo conta,
E TÚ, quero que saibas, es a persoa máis IMPORTANTE deste planeta+esfera, tamén chamada Terra, e porque non, tamén do UNIVERSO ;)

E así, coa minha pequena aportación:
 Semáforo en Rogho, 
número #Zero (13-5-13) + númera #Media (13-9-13)
                                       c/especial Pantasmas ;)

Continuaremos coa VIDA, a entreter, alegrar, e mostrar, outras formas de pensar.

Grazas por ler; continúa, continuará... continuaremos!

Unha aperta,
Tururú, o pallaso do #SemáforoEnRogho




lunes, 19 de agosto de 2013

Buscando a ESENCIA dos números

"Día 19, un 1 e un 9 xunt*s,
principio e final dunha volta,
antes de estar no 20."
Tururú


Conhecemos os números, sabemos o que son... son todos iguais para ti?
e para nós... podemolos pensar/sentir igual?
Temos moitos números que nos marcan, dende a nosa data de nacemento, ata o número de calzado, a nosa idade, ou o número do portal de casa, o número co que estamos fichados, o prezo dunha compra abultada...

Para escribir os números no sistema numérico decimal usamos dez díxitos: 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Desta maneira, pondo cifras, unhas ao lado de outras, obtemos números maiores.

Por exemplo:
- se colocamos un UN (1), un DOUS (2) e un TRES (3) seguidos, temos o 123, que se le "cento vinte tres".
- se pomos un CATRO (4) e un (9), teremos o 49, o "corenta e nove".

Desta maneira podemos crear números moi grandes, cada vez maiores. Mais se o que buscamos é a ESENCIA de cada número...
...poden ter algún(s) números algún significado especial?

Metémonos nun campo complicado de ver e de mostrar; ademáis, cada quen ten a súa opinión, e cada número, cifra, díxito ou algarismo, pode significar cousas ben diferentes, dependendo de quen o mire, da situación na que se encontre, e dos pensamentos que tenha.

O XOGO DA REDUCCIÓN:

Todo número de máis de un díxito, pódese "reducir" a unha única cifra, que será un número entre o 1 e o 9.
Isto podemos velo como un XOGO... mais antes, vexamos como facer esa reducción:

(- se o número só ten un díxito, só temos que ver para el. A esencia do número é o mesmo número.)
- se ten máis dun díxito, teremos que reducilo, sumando os seus díxitos;
- voltamos a repetir a operación ata que o resultado sexa dun díxito só.

Cos números creados antes, veremos como facelo:
* 123  --> (sumamos os 3 díxitos) 1+2+3 = 6 ; isto significa que o 6 é a esencia do número 123.
* 49  -->  (sumamos os 2 díxitos) 4 + 9 = 13 --->
---->(volvemos a sumar os 2 díxitos) --> 1 + 3 = 4 ;
e rematamos decindo que o 4 é a "esencia" do número 49 (e tamén do número 13).

Para continuar a xogar, terás que descubrir o teu número que está relacionado coa túa data de nacemento... en que "número" naciches?

Para resolver esta intriga, suma os díxitos do (día+mes+ano) no que naciches, fai a reducción, e con calma o terás...paciencia, fai falla tempo para investigar algo máis.

A REDUCCIÓN é unha cifra entre o 1 e o 9... cada unha co seu significado... que significan para ti?
Algo que se poida ver en especial? Algún descubrimento, algunha achega, algo no que poidamos estar de acordo unha meirande parte dos mortais?

Para comezar polos primeiros números, darei unhas pistas do que podo afirmar que sei:

O 1, UN/ UNHA, é o único número singular, representa a UNIDADE... unidade do propio ser? ou da túa familia? da cidade? do mundo? ou do universo?

O 2, DÚAS/ DOUS, é un par, representa a DUALIDADE... de iguais e/ou de opostos?

O 3, TRES, como un triángulo podelo ver... e que máis?

O 4, 5, ... ata o 9, deixámolos para máis adiante, non imos a ver todo de golpe e sopetón...non queremos ter unha indixestión de números, ideas e pensamentos!

Quedan como unha intriga, un misterio, para vós pensar, analizar, contar, medir, pesar, meditar, cantar, bailar ou o que queirades facer con eles.

E é que non sei quen dicía iso de que "todo pensamento é bo"... pois pensade tamén n*s demáis, e no mundo universal!!

Saúde, paz, amor e harmonía (q rima con alegría)

:o) pallaso Tururú, (tan ["o que queiras"] coma tú!)

Nota: Estas cuestións pódense investigar, hai moito escrito, se buscades NUMEROLOXÍA en internet, mais o que importa é o que penses TI, de cada número... le opinións, infórmate e párate a pensar nos números de cada día, xa verás como todo cambia... ti tamén podes e sabes, ti tamén es numerólog*!